Menu Xerais

Un thriller telúrico cheo de intriga e sorpresa: «A raíña das velutinas», de Lionel Rexes. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela A raíña das velutinas, de Lionel Rexes, Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey.

 

Entrega no Grove do Premio Manuel Lueiro Rey

Participamos onte no Grove na gala de entrega da XXIII edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro a Rey que recibiu Lionel Rexes por A raíña das velutinasConducido por Xurxo Souto conenerxía e espírito positivo, o acto supuxo unha necesaria lembranza de Francisco Pérez Vázquez Narf e de Paco Lores, flecidos no úlitmo ano, ao tempo que unha nova reivindicación da figura humana e literaria de Manuel Lueiro Rey. Un chanzo máis na «Causa Lueiro» que mobiliza esforzos dos concellos de Fornelos e do Grove, como de tantas outras entidades e persoas que nos sentimos comprometidas cunha personalidade na que espellarmonos pola súa honradez, ponderación e integridade.

Tras a intervención do editor, Armando Requeixo, en nome do xurado, definiu a novela gañadora como «thriller telúrico sentimental localizado na antiga provincia de Mondoñedo, un xogo de realidades temporais moi ben trabado nunha intriga ben dosificada, onde sobrancea unha poética do espazo e a presenza de personaxes memorables baseados en persoas reais». A seguir, Lionel Rexes reivindicou o que denominou rexión dos Tres Vales, a existente entre A Mariña, O Xistral e a Terra Cha, a entidade socioxeográfica formada polo Val de Brea, o Val de Lourenzá e O Valadouro, que carece de recoñcemento institucional, como un espazo literario de seu. Confesou que «A raíña das velutinas é unha novela nacida dunha experiencia real na que dende a ficción se indaga nas memorias esquecidas e ocultas desta Terra de Tres Vales. Unha novela chea de intriga e sorpresa na que se homenaxea a resistencia presentada baixo dúas formas de cuestionar o poder establecido».

Manuel Bragado

Deixa un comentario!