Menu Xerais

Unha novela, influída por Jules Verne e Walter Scott, sobre a batalla de Rande, unha fonte literaria inesgotable: «O Códice esmeralda», de Alberte Blanco

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela O Códice esmeralda, de Alberte Blanco.

 

 

«O Códice esmeralda», de Alberte Blanco, presentación en Verín

XG00262201Abrimos onte en Verín, coa presentaciónO Códice esmeralda de Alberte Blanco, a tempada de feiras do libro. Moitos visitantes nunha feira de fin de semana que contou cun programa literario con presentacións moi interesantes das novidades de escritores verineses como Xosé Carlos Caneiro, Alberte Blanco e Francisco López Barxas, entre outras.

Na presentación, Alberte confesou que “non lle interesaba a literatura como un exercicio de intimismo preciosista do autor” e que a pesar de non considerarse un escritor “pretendo con cada unhas das miñas historias, fose na primeira novela Arcadia. Os gardiáns do segredo, sexa nesta segunda, expresar a miña visión do mundo, en cada un dos episodios históricos que reconstrúo, sobre todo naqueles que considero insuficientemente estudados, pretendo facer dubidar da realidade e de todo o que nos rodea”. Alberte Blanco insistiu no interese da batalla naval de Rande de 1702, que coincide coa chegada do primeiro Borbón e co conflito da guerra, “unha mina literaria inesgotable”. A seguir afirmou que cría que “O Códice esmeralda é unha novela moi influída polas miñas primeiras lecturas adolescentes, dende Jules Verne a Walter Scott”. “Pretendín ofrecer un texto de lectur afácil, tanto na linguaxe como na intriga que se lle propón desvelar aos lectores e lectoras”.

Manuel Bragado

Deixa un comentario!