Menu Xerais

Xosé Benito Reza: «As novelas policíacas ambientadas no mundo rural non son nada frecuentes»

Radio Cornellá emitiu unha entrevista con Xosé Benito Reza sobre a súa novela Terradentro.

A entrevista pode escoitarse nesta ligazón a partir do minuto 11.25.

«As novelas policíacas ambientadas no mundo rural non son nada frecuentes», declara na entrevista o escritor Xosé Benito Reza, e engade: «falo dun tempo e dunha terra, dun tempo de sombras e medos, durante o franquismo, pero tamén era un mundo de luces e brillos porque as aldeas estaban cheas de xente, e as vilas, que vivían do comercio, eran luminosas» e, nese sentido «a gran protagonista desta novela son a paisaxe e tamén as xentes».

 

 

Deixa un comentario!