Menu Xerais

Xosé Mª Lema e María Canosa nas I Xornadas do Libro Infantil e Xuvenil da Costa da Morte

Os días 7, 8, 9 e 10 de novembro, no Auditorio Baldomero Cores de Cee terán lugar as “I Xornadas do Libro Infantil e Xuvenil da Costa da Morte”.

Nestas xornadas, organizadas polo Concello de Cee e Librería Ler, participarán, entre outros:

Xosé Mª Lema con Costa do Solpor, que manterá un encontro, o día 9 ás 13:15 horas, coas alumnas/os de secundaria e bacharelato do IES Fernando Blanco.

María Canosa con A cazadora de estrelas, participará o día 10 ás 12:30 horas, con alumnos/as dos colexios Eugenio López e Manuela Rial Mouzo.

Deixa un comentario!