Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2018

Presentación en Ferrol de “A contradición permanente” de Martiño Noriega e Daniel Salgado

O martes 6 de febreiro, ás 20:30 horas, na sede da Fundación Artábria, rúa dos Batalhons, 7 en Esteiro-Ferrol, terá lugar a presentación do libro A contradición permanente de Martiño Noriega  e Daniel Salgado, acompañados de Jorge Suárez, alcalde de Ferrol. Colabora a librería Central Librera Ferrol.

Ledicia Costas, a escritora que foi unha rapaza rabuda

O Faro de Vigo publicou unha reportaxe sobre as visitas escolares do programa do xornal que realiza a escritora Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e autora de libros como A señorita Bubble e Escarlatina, a cociñeira defunta. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xavier Estévez, o escritor que soubo aburrirse a tempo

O Faro de Vigo publicou unha reportaxe sobre as visitas escolares do programa do xornal que realiza o escritor Xavier Estévez, con Avións de papel.  A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

O blog Rede Lectura, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda «XINFU na maldición guauchuky», de Adrián Morgade

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda XINFU na maldición guauchuky, de Adrián Morgade, publicado na colección Merlín Cómic. Novidades de banda deseñada: «Xinfu na maldición guauchuki» A editorial Xerais publicou a finais de 2017 Xinfu na maldición guauchuki de Adrián Morgade.

Os irmáns Villar Ponte: o tándem que fixo espertar a cultura galega

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de Lucía Rei sobre o libro Común temos a patria. Biografía dos irmán Villar Ponte de Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez.

O CEIP Virxe da Saleta de Cea dálle o nome de Ramón Caride á súa biblioteca

O CEIP Virxe da Saleta de Cea decidiu poñerme o nome do escritor Ramón Caride á súa biblioteca, dado que o autor é orixinario desa vila. A información pode lerse en La Voz de Galicia. Ramón Caride (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria. Desde o poemario “Paisaxe de verde chuvia” (1986) publicou ducias de títulos de moi variados xéneros.

Antonio García Teijeiro: O home que fai poemas con sereas e gomas de borrar

O Faro de Vigo publicou unha reportaxe sobre as visitas escolares do programa do xornal que realiza o escritor Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 con Poemar o mar.  A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Arquitectura teatral e talento rotundos: Suite Artabria», de Manuel Lourenzo. Crítica de Henrique Rabuñal

O escritor Henrique Rabuñal recolle no seu blog unha recensión que publicou no número 216 da revista Grial sobre o libro Suite Artabria, de Manuel Lourenzo, Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2016.   O premio Álvaro Cunqueiro de Teatro 2016.

Cando o poder quere exercer o dominio: «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. DoCampo. Tertulia do Club de Lectura de Radiofusión

O Club de lectura Radiofusión debate sobre a novela A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo. As valoracións dos asistentes poden escoitarse nesta ligazón.   Cando o poder quere exercer o dominio O mundo das salas de exhibición cinematográfica está moi presente na novela de Xabier P.DoCampo “A nena do abrigo de astracán”.

Unha fábula que confronta a inocencia infantil cos paradoxos do mundo real: «O trapecista da malla de rombos», de Alberto Canal. Crítica de Diana Pastoriza

O blog Palabras de man ao corazón, de Diana Pastoriza, publicou unha recensión sobre a novela  O trapecista da malla de rombos de Alberto Canal.       Letters in Books: «O trapecista da malla de rombos»  A literatura parece capturar a pura esencia da infancia.

Excelente presenza dos libros de Xerais entre os 50 máis lidos nos Clubs de Lectura

O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares durante o curso 2016/2017, dos que 26 títulos foron publicados por Xerais.

O sarcasmo dunha novela popular cun protagonista sen escrúpulos: «As sete mortes de Leopoldo Pardo», de Jorge Emilio Bóveda. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión da novela As sete mortes de Leopoldo Pardo, de Jorge Emilio Bóveda. (Foto: Santi M. Amil / La Voz de Galicia).