Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2018

María Reimóndez visita este sábado o Comando Le de Espazo Lectura para falar da súa novela «Corredora»

A escritora María Reimóndez estará este sábado 27 de xaneiro na Casa da Lectura, en Gondomar, no transcuros da Sesión do Comando Le de Espazo Lectura, un club de lectura dirixido a mozos e mozas adolescentes en horario nocturno, para falar da súa novela Corredora. A escritora reunirase cos membros do club de lectura e compartirá as súas palabras.

Presentación en Lalín de “Long Play” de Lois Pérez

O xoves 1 de febreiro de 2018, ás 20:30 horas, no Casino de Lalín terá lugar a presentación do libro Long Play de Lois Pérez. No acto, no que colabora a librería Dalvi,  acompañarán ao autor Celso Sanmartín e a música de Benxamín Otero.

Matilde Felpeto, Premio Álvaro Cunqueiro de Xornalismo Gastronómico co libro «Cociña galega tradicional»

O libro Cociña galega tradicional, subtitulado Receitas, tradición, historia e evolución, de Matilde Felpeto, resultou gañador da XXIV edición do Premio de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro, que se elixiu entre 22 propostas presentadas e que concede o Concello de Lalín. (Foto da autora: Eli Regueira / Faro de Vigo).

“Lendo lendas, digo versos” de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa, Lista de Honra do IBBY 2018

O libro Lendo lendas, digo versos de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa  e con ilustracións de Xosé Cobas foi nomeado para a Lista de Honra do IBBY, 2018. Cada dous anos se publica en inglés o catálogo da Lista de Honra do IBBY que inclúe os libros que se consideran sobresaíntes pola calidade dos textos, ilustracións ou traducións.

Novidade: «Elefante», de Manuel Darriba. Relatos sobre lugares que se resisten á escritura

O libro de relatos Elefante, de Manuel Darriba, é unha novidade de Xerais Narrativa. Relatos sobre mundos que integran un mundo poliédrico. Lugares que se resisten á escritura. As percepcións comparecen distorsionadas, fóra do refuxio da certeza. Manuel Darriba reivindica a etiqueta de «escritor transxénero». A súa narrativa está infiltrada de elementos poéticos. A súa poesía incorpora elementos narrativos.

Presentación en Lalín de “A contradición permanente” de Martiño Noriega e Daniel Salgado

O martes 30 de xaneiro de 2018, ás 20:00 horas, no Casino de Lalín, terá lugar a presentación do libro A contradición permanente de Martiño Noriega e Daniel Salgado. No acto, organizado en colaboración coa librería Alvarellos e o Casino de Lalín, participarán Miguel Mosquera e os autores.

Antón Lopo, Premio Manuel Lueiro Rey de poesía con «Corpo»

O escritor e xornalista Antón Lopo resultou onte gañador da sexta edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía, que se fallou durante unha xuntanza na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela cun libro de poemas titulado Corpo.

Unha biografía alicerzada nunha abondosa documentación: «Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía», de Xosé Luís Axeitos. Crítica de Miro Villar

O poeta Miro Villar recolle no seu blog unha recensión que publicou no número 216 da revista Grial sobre a biografía Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía, de Xosé Luís Axeitos.

Novidade: «Os Megatoxos e a batalla de Rande», de Anxo Fariña. Os Megatoxos visitan a ría de Vigo

O libro  Os Megatoxos e a batalla de Rande, de Anxo Fariña é unha nova entrega da serie Os Megatoxos. O 23 de outubro de 1702 librouse nas augas da ría de Vigo unha formidable batalla marítima.

Unha nova aventura: «O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas», de Iago López. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o álbum ilustrado O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas, de Iago López, ilustrado por Macus Romero. O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas  Xa coñecemos ao Cociñeiro Martiño. E agora temos unha nova aventura, da man de Xerais.

María Reimóndez: «É moi evidente a discriminación das mulleres no xornalismo deportivo, aínda que sexa difícil falar diso»

O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar á escritora María Reimóndez sobre a súa novela As cousas que non queremos oír.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «O trapecista da malla de rombos», de Alberto Canal. Unha historia sobre a utopía de Benposta, o Circo de los Muchachos

A novela  O trapecista da malla de rombos de Alberto Canal, é unha novidade da colección Milmanda. Con dez anos acabados de cumprir, Iupanki soña con converterse no trapecista principal do Circo de los Muchachos. Mais todo se volve na súa contra.