Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2018

Presentación na Coruña de “A contradición permanente” de Martiño Noriega e Daniel Salgado

O martes 23 de xaneiro de 2018 ás 19:30 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a presentación do libro A contradición permanente de Martiño Noriega e Daniel Salgado.

Teatro para ler e representar: «O valo» de Carlos Labraña. No blog Rede Lectura, da Asesoría de Bibliotecas Escolares

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda a obra de teatro infantil O valo, de Carlos Labraña, gañadora do Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil.     Teatro para ler e representar: O valo de Carlos Labraña O valo de Carlos Labraña, ilustrado por Nuria Díaz, vén de ser publicado na Biblioteca Dramática galega, coeditada por Xerais e AGADIC.

Suso de Toro: «Os que escribimos estamos infectados, colonizados, de linguaxe»

O xornal Sermos Galiza publica unha entrevista de Daniel Salgado a Suso de Toro, na que tamén fala da súa nova novela, Fóra de si, que Xerais publicará no próximo mes de febreiro. (Foto de X. M. /Sermos Galiza).   «En ‘Cinco Feiras’ gustaríame non escribir de política» Suso de Toro (Santiago de Compostela, 1956) regresa, de forma regular, á prensa galega.

Booktráiler da novela «As sete mortes de Leopoldo Pardo« de Jorge Emilio Bóveda

Reproducimos o booktráiler da novela As sete mortes de Leopoldo Pardo de Jorge Emilio Bóveda.

Novela que visualiza o que custou acadar este sistema de liberdades: «A raíña das velutinas», de Lionel Rexes. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela  A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais 2017.   Novela breve e metafórica Hai dous tipos de novelas: as que contan un sucedido e as que expanden ese sucedido para que os lectores o interpretemos. A de Lionel Rexes pertence a este segundo tipo.

Unha ollada nova para potenciar a capacidade expresiva da lingua: «Long Play», de Lois Pérez. Crítica de César Lorenzo

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre o libro de poemas Long Play, de Lois Pérez. A mesma recensión foi publicada, tamén, na revista Tempos Novos.   «Long Play», versos gravados nun pentagrama Algo está pasando na poesía galega actual. Aínda non se sabe moi ben o que é.

A nostalxia dunha infancia retratada como só os grandes escritores a saben retratar: «Terradentro», de Xosé Benito Reza. Artigo de Antonio Piñeiro

Antonio Piñeiro publicou no xornal La Región un artigo sobre a novela Terradentro, de Xosé Benito Reza.   Morar en Terradentro Admiro a aquelas persoas -que sei que as hai- que son quen de coller un libro e de súpeto engulilo nunha noite ou en dúas coma a abella zuga o néctar do alecrín.

María Reimóndez: «Quería contar desde un enfoque subversivo, facendo unha reflexión sobre o corpo, o efémero e a construción social da saúde e da enfermidade»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con María Reimóndez sobre a súa novela As cousas que non queremos oír, de María Reimóndez. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Marabillosa peza dramática sobre a inxustiza: «O valo», de Carlos Labraña. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a obra de teatro infantil O valo, de Carlos Labraña, gañadora do Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil   Recensión: Carlos Labraña, «O valo» A ninguén sorprendeulle ver a Carlos Labraña como gañador do IX Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil.

Entrega en Vilalba do I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade

O Instituto de Estudios Chairegos, O Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan a entrega do I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á escritora gañadora, María Reimóndez, que terá lugar o sábado, día 20 de xaneiro de 2018, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba. O acto, presentado por Carmen Hermida, contará coa intervención de Xabier P.

Conversa con Ledicia Costas en Marín

O venres 19 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Ateneo Santa Cecilia, rúa do Forno, 42 de Marín, Elena Gallego Abad conversará con Ledicia Costas sobre a súa obra.

Vídeo da presentación de «Luns», de Eli Ríos, na Libraría Cartabón en Vigo

A librería Cartabón publicou o vídeo da presentación da novela Luns, de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2016.