Publicado o 28 Febreiro, 2018 nas categorías Audios, Narrativa, Radio
O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha lectura, a cargo de Isabel Freire, dun fragmento da novela O trapecista da malla de rombos de Alberto Canal.
A lectura pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 28 Febreiro, 2018 nas categorías Blogs, Megatoxos, Presentacións, Xuvenil
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro Os Megatoxos e a batalla de Rande, de Anxo Fariña.
«Os Megatoxos e a Batalla de Rande» de Anxo Fariña
A Casa do Libro de Vigo acolleu onte a presentación de Os Megatoxos e a Batalla de Rande de Anxo Fariña.
Ler máis →
Publicado o 28 Febreiro, 2018 nas categorías Álbums, Críticas, Infantil, Radio
O programa Chamando á terrra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Montse Pena Presas sobre o álbum ilustrado Pioneiras, Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez Rodríguez, ilustrado por Nuria Díaz.
A opinión críticas pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 28 Febreiro, 2018 nas categorías Blogs, Entrevistas, Narrativa
O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez ao escritor Jorge Emilio Bóveda, autor da novela As sete mortes de Leopoldo Pardo.
Jorge Emilio Bóveda: «A min o que me interesa nesta miña fase vital é probar novos camiños combinando o incombinable»
Jorge Emilio Bóveda (Ourense, 1975), é escritor e mestre de inglés no ensino público.
Ler máis →
Publicado o 28 Febreiro, 2018 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela Noites de safari, subtitulada «Manual sobre amantes desorientados», de Marleen MaLone.
Noites de safari
Tiña moitas ganas de ler este libro porque, sinceramente, cáeme moi ben Iolanda Zúñiga, no pouco que puiden coñecela, e gústame sguila no Facebook.
Ler máis →
Publicado o 27 Febreiro, 2018 nas categorías Cómic, Entrevistas, Humor, Tertulia
O programa Vivan as tardes da TVG emitiu unha entrevista con Gogue, sobre o seu libro de tiras de humor Floreano, que acaba de publicar Xerais.
A entrevista pode verse no minuto 38:45.
Ler máis →
Publicado o 27 Febreiro, 2018 nas categorías Entrevistas, Megatoxos, Radio, Xuvenil
O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Xiana Arias ao escritor Anxo Fariña sobre o libro Os Megatoxos e a batalla de Rande.
A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 27 Febreiro, 2018 nas categorías Artigos literarios, Letras_galegas
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Luzes un artigo sobre a figura de María Victoria Moreno, autora que protagoniza as Letras Galegas 2018.
María Victoria, cidadá galega
A María Victoria Moreno (MVM), a escritora homenaxeada o vindeiro 17 de maio, amoláballe ser considerada «unha autora estremeña que escribía en galego».
Ler máis →
Publicado o 27 Febreiro, 2018 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Radio
O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por diante, da Radio Galega, entrevistou ao escritor Suso de Toro, que regresa á literatura coa novela, Fóra de si.
A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 27 Febreiro, 2018 nas categorías Blogs, Críticas, Milmanda
O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela O trapecista da malla de rombos de Alberto Canal.
Ler máis →
Publicado o 26 Febreiro, 2018 nas categorías Eventos, Premios
O escritor X. L. Méndez Ferrín recolleu o pasado sábado o Premio Laxeiro 2018 durante o transcurso dun xantar en Alcabre (Vigo) que conmemoraba a festa que realizaba anualmente o pintor Laxeiro para celebrar o seu aniversario. A concesión do premio ao escritor de Vilanova dos Infantes significa un recoñecemento a toda unha vida dedicada á literatura. X. L.
Ler máis →
Publicado o 26 Febreiro, 2018 nas categorías Álbums, Entrevistas
O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Begoña R. Sotelino a Anaír Rodríguez Rodríguez sobre o álbum ilustrado, Pioneiras, Galegas que abriron camiño, ilustrado por Nuria Díaz.
Ler máis →