Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2018

Novela de altura dun narrador experimentado: «Os tres de nunca», de Nacho Taibo. Crítica de Eva Moreda

A escritora Eva Moreda publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Os tres de nunca,de Nacho Taibo.   «Os tres de nunca», novela de guerra de grande altura Os tres de nunca (Xerais, 2017), de Nacho Taibo, é unha novela que, infelizmente, non pareceu ter cando se publicou vai aló un ano a acollida que merecía.

Suso de Toro: «En España hoxe non hai lugar para as ideas, para a cultura, nin para os escritores e a literatura»

Os xornais El Progreso e Diario de Pontevedra publicaron unha información sobre o escritor Suso de Toro e a súa novela, Fóra de si. A información pode lerse ou descagarse nesta ligazón.

Un estilo fluído que nos fai reflexionar sobre as ilusións: «O trapecista da malla de rombos», de Alberto Canal. Crítica de Montse Pena Presas

 Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela O trapecista da malla de rombos de Alberto Canal. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Innovar mesturando o thriller con elementos icónicos da cultura galega: «As sete mortes de Leopoldo Pardo», de Jorge Emilio Bóveda. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela As sete mortes de Leopoldo Pardo, de Jorge Emilio Bóveda.

Presentación en Santiago de “Fóra de si” de Suso de Toro

O venres 2 de marzo, ás 20:00 horas, na libraría NUMAX, Concepción Arenal, 9, Santiago, terá lugar a presentación do libro Fóra de si de Suso de Toro. O escritor estará acompañado polo editor Manuel Bragado.

Lois Pérez: «A poesía existe porque nela buscamos algo que non atopamos noutros lugares»

O programa Lugo en la Onda de Onda Cero emitiu unha entrevista co poeta, contacontos e deportista Lois Pérez, autor do libro Long Play.

Alberto Canal: «Escribín a novela porque me causou un gran impacto o final dramático do Circo da Cidade dos Muchachos»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Xosé Manoel Rodríguez ao escritor Alberto Canal sobre a novela O trapecista da malla de rombos (Foto: Miguel Villar / La Voz de Galicia) Alberto Canal: «No seu tempo Ourense era coñecida no mundo grazas a Benposta e ao seu circo» O escritor e xornalista centra a súa nova obra, «O trapecista da malla de rombos», na Cidade dos Muchachos Alberto Canal (A Merca, 1967) c

Provocación literaria, transgresión e empoderamento nun libro divertido, hilarante e brutalmente sarcástico: «Noites de safari», de Marleen MaLone. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión da novela Noites de safari, subtitulada «Manual sobre amantes desorientados», de Marleen MaLone. (Foto: Óscar Vázquez / La Voz de Galicia)   Manual sobre amantes Pode provocar certa sensación de estrañamento atopar unha nova e descoñecida autora chamada Marleen MaLone.

Nacho Carretero: «Fun denunciado por tres liñas nun libro de 358 páxinas». Entrevista de Jaureguizar

 Jaureguizar entrevista a Nacho Carretero sobre o secuestro xudicial do libro Fariña que Xerais publicará en galego, nunha reportaxe que publican os xornais El Progreso e Diario de Pontevedra. A reportaxe pode verse ou descargarse nesta ligazón.

Non podo máis que recomendar a lectura deste libro: «María Victoria Moreno: A muller que durmía pouco e soñaba moito», de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre o libro María Victoria Moreno: A muller que durmía pouco e soñaba moito, de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre. «María Victoria Moreno.

Unha novela fresca e ben documentada que testemuña o prestixio da Galicia medieval: «A arte de trobar», de Santiago Lopo. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais 2017.   Recensión: Santiago Lopo, A arte de trobar A época medieval europea é un período bastante explotado na historia da literatura. É complexo aportar algo nun corpus tan inmenso onde xa se tocaron case todos os “paus” posibles.

Suso de Toro recupera «a fe na literatura» pero critica un mundo onde «hai só futbolistas e políticos»

O xornal dixital Galicia Confidencial publicou unha información sobre o escritor Suso de Toro e a súa novela, Fóra de si.