Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2018

Manuel Darriba: «En ‘Elefante’ exploro o poder e a súa relación cos individuos, e as dificultades de conformar unha conciencia individual»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Xiana Arias ao escritor Manuel Darriba sobre o seu libro de relatos Elefante.  A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

O escritor Nacho Taibo será recoñecido coa letra «E» pola AELG dentro do programa «Escritor na súa terra»

 O escritor Nacho Taibo, autor de, entre outras moitas obras, da novela Os tres de nunca, será recoñecido pola Asociación de Escritores en Lingua Galega no vindeiro mes de xullo coa letra E, dentro do programa «Escritor na súa terra», un galardón que supón a homenaxe que se lle fai a un escritor vivo pola obra de «toda unha vida». O acto de recoñecemento terá lugar no Concello de Oleiros.

Un libro que consegue dar a coñecer a María Victoria Moreno: «A muller que durmía pouco e soñaba moito», de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre. En Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o libro María Victoria Moreno: A muller que durmía pouco e soñaba moito, de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre. María Victoria Moreno María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito é un xeito fantástico de coñecer a autora, de saber dela, da súa obra, da súa vida, das súas inquedanzas.

Ledicia Costas: «A inspiración é un estereotipo romántico sobre a literatura. Hai que ler, buscar documentación…»

Os xornais El Progreso e Diario de Pontevedra publicaron unha entrevista de Marta Veiga á escritora Ledicia Costas na que fala dos seus libros  Os arquivos secretos de Escarlatina e  As peripecias de Extravaganzza Pérez. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

As nenas, e os nenos, debe poden mirarse nas mulleres que abriron camiño á igualdade: «Pioneiras», de Anaír Rodríguez e Nuria Díaz. Artigo de Ana Glez. Liste

 O suplemento Sábado de Faro de Vigo publicou un artigo de Ana González Liste sobre o álbum ilustrado Pioneiras, Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez Rodríguez, ilustrado por Nuria Díaz. O artigo pode lerse ou descagarse nesta ligazón.

Presentación en Ourense de “O trapecista da malla de rombos” de Alberto Canal

O mércores 28 de febreiro de 2018 ás 20:00 horas, no Liceo de Ourense, rúa Lamas Carvajal, 5, terá lugar a presentación do libro O trapecista da malla de rombos de Alberto Canal. No acto participarán Francisco Álvarez Muradás, compoñente do Circo dos Muchachos; Manuel Bragado, director de Xerais e Alberto Canal.

Lois Pérez: «É posible facer un poema de calquera cousa, tamén do fútbol; o importante é a mirada poética»

O programa O Discóbolo da Radio Galega publicou unha entrevista de Óscar Losada ao poeta, contacontos e deportista Lois Pérez autor do libro Long Play.  A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Unha historia tremendamente sensible que engaiola: «Avións de papel» de Xavier Estévez. Crítica de Raquel Senra Fernández

 O xornal El Correo Gallego publicou unha recensión de Raquel Senra Fernández sobre a novela infantil Avións de papel, de Xavier Estévez, ilustrado por Marcos Viso. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «As peripecias de Extravaganzza Pérez», de Ledicia Costas. Extravanganzza vive nunha casa que semella un zoolóxico…

 A novela As peripecias de Extravaganzza Pérez, de Ledicia Costas, é unha novidade da colección infantil Sopa de Libros. Está ilustrado por Óscar Villán. Extravanganzza Pérez vive nunha casa que semella un zoolóxico. Os seus pais son dous biólogos de moita sona. Semellan estar algo tolos, pero queren aos animais e mais á súa filla pola vida. Un día marchan a unha expedición secreta deixando a Extravaganzza soa na casa.

Suso de Toro: «Nos meus libros hai protagonistas que viaxan ao pasado para solucionar problemas sepultados ou mal enterrados»

O xornal Sermos Galiza publica unha entrevista de Daniel Salgado a Suso de Toro sobre a súa nova novela, Fóra de si. (Foto de Laura R. Cuba. /Sermos Galiza).   «Non leo literatura, nin galega nin non galega» No escritorio de Suso de Toro (Santiago de Compostela, 1956) hai dous libros no medio do camiño, unha novela e unha comedia teatral “de enredo”. Outro máis, un ensaio,talvez nunca acabe de nacer.

A fantasía como elemento para saber quen somos, cun estilo que coida o detalle: «Escaquis e Romeu», de Antonio Manuel Fraga. Crítica de Montse Pena Presas

 O programa Chamando á terrra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Montse Pena Presas sobre a novela infantil  Escaquis e Romeu, de Antonio Manuel Fraga. A opinión críticas pode escoitarse nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “Os Megatoxos e a batalla de Rande”

O venres 23 de febreiro ás 19,30 horas na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27,  Vigo, terá lugar a presentación do libro Os Megatoxos e a batalla de Rande de Anxo Fariña. Ao remate da presentación o autor, que estará acompañado por Manuel Bragado,  fará unha sinatura ilustrada.