Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2018

«Terra», de Xurxo Mariño e «A señorita Bubble», de Ledicia Costas, entre os mellores libros do 2017 para o crítico e escritor Mario Regueira

O escritor e crítico Mario Regueira elixiu no seu blog os que son, ao seu xuízo, os catro mellores libros do ano 2017. Entre eles, figuran dous títulos de Xerais: o libro o libro Terra, de Xurxo Mariño, subtitulado Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo; e a novela A señorita Bubble, de Ledicia Costas.

Martiño Noriega: «Eu creo que na dialéctica hai que intentar dalgunha maneira conciliar os principios con determinadas conquistas e determinadas renuncias»

O xornal Sermos Galiza publica unha entrevista de Xosé Mexuto a Martiño Noriega, sobre o libro A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017), do propio Martiño Noriega e de Daniel Salgado. (Foto de Laura R. Cuba /Sermos Galiza).

NODO-Booktráiler de «O trapecista da malla de rombos», de Alberto Canal: as imaxes do Circo de la Ciudad de los Muchachos

Reproducimos un vídeo do NO-DO sobre o Circo de la Ciudad de los Muchachos, que podería valer de booktráiler da novela  O trapecista da malla de rombos de Alberto Canal.

O libro de relatos «Elefante», de Manuel Darriba, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros

 O libro de relatos Elefante, de Manuel Darriba, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de febreiro. A Tabela dos libros é unha valoración crítica a xeito de rankquing que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, con carácter mensual, para a que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Matilde Felpeto recolleu o Premio de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro no «Luar» da TVG por «Cociña galega tradicional»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a entrega do Premio de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro, que se elixiu entre 22 propostas presentadas e que concede o Concello de Lalín. Así mesmo o Diario de Pontevedra publicou unha información sobre o premio que complementa outra anteriores.

Avanzar a paso firme polo novo milenio literario: «Elefante», de Manuel Darriba. Crítica de Armando Requeixo

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre o libro de relatos Elefante, de Manuel Darriba, A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

A aventura de salvar un circo: «O trapecista da malla de rombos», de Alberto Canal

O blog do escritor Alberto Canal recolle algunha información interesante sobre a súa nova novela, O trapecista da malla de rombos.                      Pouco antes de pechar os ollos e ficar profundamente durmido, Iupanki habería de recordar aquel día de neboeiro orballoso en que a tita Amadora o levou a ver por primeira vez o gran Circo de los Muchachos.

Un autor que achega contidos curriculares maxistralmente sen que se note: «Os Megatoxos e a batalla de Rande», de Anxo Fariña. Crítica en Brabádegos

O blog de literatura infantil Brabádegos publicou unha recensión crítica sobre Os Megatoxos e a batalla de Rande, de Anxo Fariña.   Despois dunha cegadora luz verde esmeralda Chegou ao souto a nova entrega dos Megatoxos, a serie precursora da nosa LIX para mozotes preadolescentes e adolescentes. Anxo Fariña, escritor e ilustrador desta serie, comezouesta saga de aventuras alá polo ano 2007 na editorial A Nosa Terra.

Ledicia Costas: «Eu era unha nena superlectora, lía moitísimos libros. A miña casa estaba chea deles e dou grazas por esa sorte»

O xornal El Correo Gallego publica unha entrevista coa escritora Ledicia Costas, autora dunha nova novela infantil, As peripecias de Extravaganzza Pérez, que chegará ás librerías a finais da vindeira semana. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha homenaxe escolar a Antonio García Teijeiro no ciclo de visitas aos centros de Faro de Vigo

O Faro de Vigo publicou unha reportaxe sobre outra visitas escolares do programa do xornal que realiza o escritor Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 con Poemar o mar.  A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «María Victoria Moreno: A muller que durmía pouco e soñaba moito», de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre

María Victoria Moreno: A muller que durmía pouco e soñaba moito, de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre é unha novidade da colección Merlín sobre a escritora á que se lle dedican as Letras Galegas 2018. Este libro é un acto de cariño, no que Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre ofrecen un fermoso retrato de María Victoria Moreno, a escritora, á que está dedicado o 17 de maio de 2018.

Coa pegada dos videoxogos e do manga: «Xinfu na maldición guauchuky», o cómic infantil galego de Adrián Morgade

María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre XINFU na maldición guauchuky, de Adrián Morgade, publicado na colección Merlín Cómic. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.