Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2018

Un paseo polo Vigo máis descoñecido, da man de Pedro Feijoo e o seu libro «Camiñar o Vigo vello»

O xornal Faro de Vigo publicou unha reportaxe de Ana G. Liste  sobre o escritor Pedro Feijoo e o seu libro Camiñar o Vigo vello.  Un paseo por el Vigo más desconocido El escritor Pedro Feijoo comparte algunas de sus historias preferidas que ocurrieron en las calles de la ciudad olívicapero cayeron en el olvido Un paseo diferente, mirando fijamente a cada recoveco del Vigo primigenio.

O álbum para pre-lectores «O pintor de flores», de Anxo Fariña, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao álbum ilustrado O pintor de Flores de Anxo Fariña. O programa pode verse nesta ligazón.

A escritora Ledicia Costas e o poeta Antonio García Teijeiro serán nomeados vigueses distinguidos

O alcalde de Vigo acordou onte propoñer á escritora Ledicia Costas e ao poeta Antonio García Teijeiro, como vigueses distinguidos, proposta que será trasladada ao pleno do vindiero luns 26 de marzo.

Manuel Darriba: «Non estamos ante un futuro tenebroso, senón nun presente horrible»

 O xornal El Progreso publicou unha entrevista de Marta Veiga co escritor Manuel Darriba sobre o seu libro de relatos Elefante. (Fotografía de Sebas Senande / El Progreso) A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación en Pontevedra de “Fóra de si” de Suso de Toro

O venres 6 de abril de 2018 ás 19:30 horas, na librería Cronopios, Frei Juan de Navarrete, 5, Pontevedra, terá lugar a presentación da novela Fóra de si de Suso de Toro. Susana Pedreira, xornalista en Onda Cero, entrevistará a Suso de Toro.

Presentación en Vigo de “O canastro sen tornarratos” de David Rodríguez

O xoves 5 de abril de 2018 ás 20,00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega de David Rodríguez. No acto participarán Manuel Bragado e David Rodríguez.

Un aloumiño na meixela de María Victoria Moreno: «A muller que durmía pouco e soñaba moito», de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre. Artigo de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra un artigo no que fala sobre o libro María Victoria Moreno: A muller que durmía pouco e soñaba moito, de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre. O artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Cando cada relato é un golpe: «Galería de saldos» de Diego Giráldez. Crítica de Malores Villanueva

 O programa Chamando á terrra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Malores Villanueva sobre o libro  Galería de saldos, de Diego Giráldez. A opinión crítica pode escoitarse nesta ligazón.

Pedro Feijoo: «No Vigo de hoxe están presentes todos os Vigos do pasado»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Pedro Feijoo sobre o seu libro Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Artigo de Xoán Carlos Domínguez Alberte sobre «Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte», de Emilio Xosé Ínsua López e Xurxo Martínez González

Sermos Galiza publicou un artigo de Xoán Carlos Domínguez Alberte sobre o libro Común temos a patria. Biografía dos irmán Villar Ponte de Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez.   Común temos a patria É o título dunha subtitulada Biografía dos irmáns Villar Ponte.

A novela «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. DoCampo, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á novela A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo. O programa pode verse nesta ligazón.

Presentación en Pontevedra de “Long Play” de Lois Pérez

O sábado 24 de marzo de 2018, ás 12,30 horas, na librería Paz, rúa Peregrina, 29, Pontevedra, tera lugar o “Vermú entre libros” co poeta Lois Pérez autor de Long Play que estará acompañado por Santiago Lopo.