Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2018

Opinións dos estudantes do IES Laxeiro de Lalín sobre a novela «Corredora», de María Reimóndez

O blog As estelas dos ronseis publicou opinións dos estudantes do IES Laxeiro de Lalín sobre a novela Corredora, de María Reimóndez, publicada na colección Fóra de Xogo.

O blog Rede Lectura, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda «A batalla da pequena Chañan Curi Coca», de Rosa Aneiros

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda a novela infantil A batalla da pequena Chañan Curi Coca, de Rosa Aneiros, Premio Jules Verne 2017.   A batalla da pequena Chañán Curi Coca de Rosa Aneiros O libro, editado por Xerais e destinado para un lectorado autónomo, ten como un dos temas máis destacados os desafiuzamentos, vividos en carne propia pola nena Noelia e a súafamilia.

Pedro Feijoo: «Este libro é un convite aos vigueses para que fagan de turistas na súa propia cidade

A web A Movida publicou unha entrevista de Tamara Novoa ao escritor Pedro Feijoo sobre o seu libro Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade. Pedro Feijoo: «Este libro é un convite aos vigueses para que fagan de turistas na súa propia cidade» O escritor Pedro Feijoo presenta o seu novo libro ‘Camiñar o Vigo Vello’, nesta ocasión deixa de lado a ficción para aproximarnos á historia da cidade olívica.

Presentación en Sanxenxo de “Fóra de si” de Suso de Toro

O venres 23 de marzo de 2018 ás 20:30 horas, na librería Nós, rúa Madrid, 20, Sanxenxo, terá lugar a presentación do libro Fóra de si  de Suso de Toro. No acto participarán Jorge Da Cunha, Manuel Bragado e Suso de Toro.

Fina Casalderrey: «Era unha muller soñadora, capaz de ler nas nubes, a quen o que máis lle importaba era o mundo dos afectos»

O programa Diario Cultural da Radio Galega, emitiu unha entrevista de María Solar ás escritoras Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre, autoras do libro María Victoria Moreno: A muller que durmía pouco e soñaba moito. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

O cómic infantil «Xinfu na maldición guauchuky», de Adrián Morgade, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo XINFU na maldición guauchuky, de Adrián Morgade. O programa pode verse nesta ligazón.

Presentación en Mondoñedo de “Long Play” de Lois Pérez

O venres 23 de marzo de 2018, ás 20:30 horas, na Casa da Xuventude de Mondoñedo, terá lugar a presentación do libro Long Play de Lois Pérez. No acto participarán Antonio Reigosa, Paco Piñeiro, Xulio do Canelo, Fran Bouso e Lois Pérez.

Un libro para gozar: «Escaquis e Romeu», de Antonio Manuel Fraga. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela infantil  Escaquis e Romeu, de Antonio Manuel Fraga.

O libro divulgativo «Martín Codax e os xograres do mar de Vigo», de Xosé Ramón Pena, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao libro Martín Codax e os xograres do mar de Vigo, de Xosé Ramón Pena. O programa pode verse nesta ligazón.

Eli Ríos: «Chegou un momento en que fartei de ler poesía hipermegaculta e quixen expresar, con retranca, a vontade de recuperar a esencia da poesía»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní coa escritora Eli Ríos sobre o seu poemario Culpable. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega», de David Rodríguez

O canastro sen tornarratos, subtitulado Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega, de David Rodríguez é unha novidade da colección Ensaio de Xerais. Este libro pescuda nas orixes políticas, económicas e filosóficas do cada vez maior afastamento dos centros de decisión a respecto da xente e da súa vida cotiá.

Novelar a fábrica de soños de Benposta a través da ollada dun neno: «O trapecista da malla de rombos» de Alberto Canal. Reportaxe de Xesús Fraga

 O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de Xesús Fraga sobre a novela O trapecista da malla de rombos de Alberto Canal. A reportaxe pode lerse ou descargarse nesta ligazón.