Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2018

Presentación en Celanova de “As sete mortes de Leopoldo Pardo” de Jorge Emilio Bóveda

O xoves 22 de marzo de 2018 ás 20:00 horas, na Fundación Curros Enríquez, rúa Curros Enríquez, 37, Celanova, terá lugar a presentación do libro As sete mortes de Leopoldo Pardode Jorge Emilio Bóveda. No acto acompañarán ao autor Eladio Medel e Manuel Bragado.

O escritor Antonio García Teijeiro participou con «Poemar o mar» nunha sesión de Espazo Lectura no Museo do Mar de Galicia

¡Este pasado sábado, o escritor Antonio García Teijeiro desprazouse ao Museo do Mar de Galicia, en Vigo, para participar na sesión do Club de Lectura Lendo Contigo que Espazo Lectura organizou arredor do libro Poemar o mar, que foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017.

Novidade: «Soños. Arquivos. Cartas», de María do Cebreiro. Unha obra experimental e aberta que establece un diálogo entre o diario poético e o xénero epistolar

Soños. Arquivos. Cartas, de María do Cebreiro, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. Soños. Arquivos. Cartas é unha obra experimental e aberta que entra en diálogo co diario poético e co xénero epistolar, explorando os puntos de xuntura entre estas dúas modalidades de escrita.

A memoria do Vigo vello da man de Pedro Feijoo. Artigo de Manuel Bragado

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou no Faro de Vigo un artigo sobre Camiñar o Vigo vello, o novo libro do escritor  Pedro Feijoo. O artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Coñecer a escritora das Letras Galegas 2018 e a súa personalidade: «María Victoria Moreno: A muller que durmía pouco e soñaba moito», de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre.

La Voz de Galicia publicou unha noticia de X. F sobre o libro María Victoria Moreno: A muller que durmía pouco e soñaba moito, de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre.

Marleen MaLone: «Farteime de ser, cos homes, suxeito pasivo. Decidín empoderarme e tomar a iniciativa. Pero no camiño tamén tropecei»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico á escritora Marleen MaLone, que publicou a súa primeira novela da man de Iolanda Zúñiga: Noites de safari, subtitulada «Manual sobre amantes desorientados».   Marleen MaLone: «Farteime de ser, cos homes, suxeito pasivo. Decidín empoderarme e tomar a iniciativa.

Anaír Rodríguez: «O feito de invisibilizar os referentes feminios trae consecuencias sociais graves»

 O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista a Anaír Rodríguez Rodríguez e Nuria Díaz sobre o álbum ilustrado, Pioneiras, Galegas que abriron camiño.  A entrevista pode verse nesta ligazón.

25 anos de «Rapazas», de Agustín Fernández Paz. Unha selección de títulos para a igualdade

A anos raíz de que se cumpren 25 anos da publicación de Rapazas, de Agustín Fernández Paz, a especialista Pilar Sampedro publicou unha selección de títulos para a igualdade. Reproducimos a información que publica Rede Lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares.

Eli Ríos: «Comecei a escribir porque tiven na casa unha fonte de literatura oral, que era o meu avó»

O blog do Club de Lectura do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco publicou unha información e unha ligazón a un programa radiofónico, realizado desde Radio Cuac por alumnado de 4º da ESO, baixo a responsabilidade da profesora Mercedes Queixas. Nese programa entrevístase á escritora  Eli Ríos sobre a súa novela Luns, de Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2016.

Novidade: «A soidade do asasino, de Carlos Reigosa. Unha peza teatral centrada na dialéctica entre o asasino e a súa vítima

A soidade do asasino, de Carlos Reigosa, é unha novidade da colección xuvenil Fóra de Xogo. A dialéctica entre o asasino e a vítima ten moitas máis caras das que imaxinamos. E isto é así porque nesta peza teatral, cando os dous comezan a falar, sucede algo inevitable e prodixioso: deixan de ser dous descoñecidos! Xa non son os estraños que eran, porque, con verdades e mentiras, van descubrindo as súas identidades.

Simbolismo e excelente prosa no novo libro dun autor arriscado e coherente: «Elefante», de Manuel Darriba. Crítica de Diego Ameixeras

O escritor Diego Ameixeiras publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro de relatos Elefante, de Manuel Darriba. A recensión crítica pode lerse ou escoitarse nesta ligazón.

Presentación en Pontevedra de “As cousas que non queremos oír” de María Reimóndez

O mércores 21 de marzo de 2018, ás 20:00 horas, na libraría Paz, rúa Peregrina, 29 de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro As cousas que non queremos oír de María Reimóndez. No acto participarán Eva Mejuto, Manuel Bragado e María Reimóndez.