Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2018

Suso de Toro: «O meu espírito crítico lévame a sentirme incómodo coa voz narradora, coa voz de alguén con moita autoridade»

O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar ao escritor Suso de Toro sobre a súa novela Fóra de si.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “Pioneiras. Galegas que abriron camiño” de Anaír Rodríguez

O martes 20 de marzo, ás 19:00 horas, no Centro de Documentación e Recursos Feministas, Concellería de Igualdade, Biblioteca Pública de Vigo “Juan Compañel”, rúa Joaquín Yañez, 6-2º, Vigo,  terá lugar a presentación do libro Pioneiras. Galegas que abriron camiño de Anaír Rodríguez e ilustrado por Nuria Díaz. Participarán Anaír Rodríguez e Celia Torres.

Lecturas en femenino. Sementar a igualdade de xénero: «Pioneiras», de Anaír Rodríguez e Nuria Díaz. Anotación de Carmen Forján

O blog Carmen y amig@s publicou unha anotación sobre o álbum ilustrado Pioneiras, Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez Rodríguez, ilustrado por Nuria Díaz.   Lecturas en femenino.

Iolanda Zúñiga: «Marleen é unha muller que en vez de esperar no torreiro da festa a que a saquen a bailar decide empoderarse sexualmente»

O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar á escritora Iolanda Zúñiga sobre a novela Noites de safari, subtitulada «Manual sobre amantes desorientados», de Marleen MaLone. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

«Fóra de si», a novela onde está todo o adn de Suso de Toro

O xornal La voz de Galicia publicou unha información sobre o escritor Suso de Toro e a súa novela Fóra de si. A información pode lerse ou descagarse nesta ligazón.

Novidade: «Galicia en bus», de María Reimóndez, Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu

Galicia en bus, de María Reimóndez, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. XX Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu Galicia en bus é un libro de poemas que traza un percorrido íntimo e, ao tempo, social e colectivo, desde unha perspectiva feminista, articulando un mapa cartográfico que funde o territorial coas lembranzas persoais e o propio corpo.

Un libro verdadeiramente recomendable: «A batalla da pequena Chañan Curi Coca», de Rosa Aneiros. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre a novela infantil A batalla da pequena Chañan Curi Coca, de Rosa Aneiros, ilustrado por Almudena Aparicio Andión.   A batalla da pequena Chañan Curi Coca, de Rosa Aneiros Celebro o reencontro con Rosa Aneiros a través desta que é, polo de agora, a súa última entrega literaria.

Razón poética e indagación filosófica nun dos lugares máis orixinais da última literatura galega: «Elefante», de Manuel Darriba. Crítica de Daniel Salgado

O xornal Sermos Galiza publicou unha recensión de Daniel Salgado sobre o libro Elefante, de Manuel Darriba. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Pedro Feijoo: «Eu intento sempre poñer en valor o feito de camiñar a modo por Vigo para coñecer ben a cidade»

 A raíz da publicación do seu libro Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade, o escritor Pedro Feijoo realiza en vivo un percorrido para o programa Galicia por diante, da Radio Galega. O percorrido en vivo polo casco vello da cidade de Vigo pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «María Victoria Moreno. Sementadora de futuro», de Isabel Soto e Xavier Senín. O libro de referencia sobre a autora das Letras Galegas 2018

 A biografía María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, de Isabel Soto e Xavier Senín, é unha novidade da colección Crónica de Xerais. O presente volume relata a traxectoria biográfica de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada co Día das Letras Galegas 2018, e percorre o seu labor pioneiro no arrinque e asentamento da literatura infantil e xuvenil.

Novidade: «Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade», de Pedro Feijoo. Un libro que propón un xogo diferente

Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade, de Pedro Feijoo, é unha novidade de Xerais. De a cabalo entre os manuais de historia e as guías turísticas, este libro propón un xogo diferente. É certo que, como as guías, vén cos seus planos, mapas e mesmo percorridos propostos.

Fina Casalderrey: «María Vitoria Moreno era unha muller refinada e sutil, sinxela, teimuda, xenerosa, transgresora, contraditoria, arrichada. Na súa escrita está a súa alma»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha semblanza da escritora Fina Casalderrey sobre María Victoria Moreno, figura á que se lle dedican as Letras Galegas 2018. A propia Fina Casalderrey, xunto con Marilar Aleixandre é autora do libro María Victoria Moreno: A muller que durmía pouco e soñaba moito, que publicou Xerais na colección Merlín. A semblanza pode escoitarse nesta ligazón.