Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2018

Ecos de biografías, soñadas ou tecidas, que as mulleres da nosa tribo padeceron: «Pioneiras», de Anaír Rodríguez e Nuria Díaz. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre o álbum Pioneiras, Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez Rodríguez, ilustrado por Nuria Díaz.   E fano elas As liñas que seguen non pretender recensionar nada. Soamente facer unha pequena cala nun libro que, en formato álbum, veñen de poñer nos andeis das nosas librerías Anaír Rodríguez e NuriaDíaz.

Humor e lectura agradable con carga social: «As sete mortes de Leopoldo Pardo», de Jorge Emilio Bóveda. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela As sete mortes de Leopoldo Pardo, de Jorge Emilio Bóveda.

Actos de Xerais na III Feira do disco e libro galego de Monterroso

O sábado 17 de marzo, de 10:30 a 21:30 horas, n’A cúpula, Monterroso, terá lugar a III Feira do disco e libro galego de Monterroso na que Xerais organiza os seguintes actos:  13:15 horas, no Escenario, Cata literaria con Manuel Garrido autor de A Ribeira Sacra. Guía práctica. 13:45 horas, na Carpa, palestra de Xurxo Souto “Océano para terrícolas” baseada nos seu libros Contos da Coruña e Contos do mar de Irlanda.

Iolanda Zúñiga: «’Noites de safari’ é un libro moi lúbrico»

 O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista coa escritora Iolanda Zúñiga sobre  a novela Noites de safari, subtitulada «Manual sobre amantes desorientados», de Marleen MaLone. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Novidades para Educación Primaria. Proxectos Tecelingua e Comprendetextos

Os Proxectos Tecelingua e Comprendetextos conforman a proposta de Edicións Xerais para o desenvolvemento dos contidos curriculares de Lingua Galega e Literatura de Educación Primaria para o curso 2018-2019.

Un discurso autoconsciente: «Culpable», de Eli Ríos». Crítica de Román Raña

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o libro de poemas Culpable, de Eli Ríos, IV Premio de Poesía López Abente 2017. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha trapecista do Circo de los Muchachos fala, nun vídeo da novela «O trapecista da malla de rombos» de Alberto Canal

Unha trapecista do Circo de los Muchachos fala, nun emotivo vídeo da novela O trapecista da malla de rombos de Alberto Canal. O vídeo pode verse nesta ligazón.

Esixente e orixinal: «Elefante», de Manuel Darriba. Crítica de Laura Blanco Casás

Laura Blanco Casás publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o libro de relatos Elefante, de Manuel Darriba. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha historia conflitiva e chea de intriga: «Fóra de si», unha novela de Suso de Toro

 O xornal El Ideal gallego publicou unha información sobre a novela Fóra de si, de Suso de Toro. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

O libro de debate político «A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017)», de Martiño Noriega e Daniel Salgado, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao libro A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017), de Martiño Noriega e Daniel Salgado. O programa pode verse nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “Camiñar o Vigo vello” de Pedro Feijoo

O venres 16 de marzo de 2018, ás 19:30 horas, na sede do Instituto Camões, Praza Tenente Almeida, s/nº, Vigo, terá lugar a presentación do libro Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade de Pedro Feijoo. No acto acompañarán ao autor,  Carla Sofia Amado, Leitora USC, Responsável do Camões em Vigo e Manuel Bragado. Ao remate Pedro Feijoo, guiará un pequeno paseo polo Vigo vello.

O libro de tiras de humor «Floreano», de Gogue, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao libro O programa pode verse nesta ligazón.