Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2018

Unha ollada limpa, honesta, comprometida: «Long Play», de Lois Pérez. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre o libro de poemas Long Play, de Lois Pérez. «Long Play», de Lois Pérez Tras poucos meses nas librarías Long Play, de Lois Pérez, acadou xa unha segunda edición, o que sempre supón unha moi feliz noticia. Tras achegarme ao libro non resulta de estrañar por moitas razóns.

Unha moza afouta que ama a natureza na nova conquista de Ledicia Costas: «As peripecias de Extravaganzza Pérez». En Trafegando Ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela As peripecias de Extravaganzza Pérez, de Ledicia Costas.   As peripecias de Extravaganzza Pérez Unha nova conquista de Ledicia Costas para o lectorado infantoxuvenil: unha moza afouta que ama a natureza e preocúpase pola conservación das especies, desas que están enperigo de extinción pola man do home.

And Marleen MaLone got her gun: «Noites de safari», de Marleen MaLone. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión sobre a novela Noites de safari, subtitulada «Manual sobre amantes desorientados», de Marleen MaLone. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Cee de “Rosalía de Castro e o poder sexual” de María Xosé Queizán

O xoves 15 de marzo de 2018, ás 19,30 horas, na libraría Ler, Avda Fernando Blanco, 61, Cee, terá lugar a presentación do libro Rosalía de Castro e o poder sexual de María Xosé Queizán. No acto, organizado pola Organización Feminista Buserana, participarán Susana Sánchez Aríns, Manuel Bragado e a autora.

Presentación en Santiago de “Elefante” de Manuel Darriba

O xoves 15 de marzo de 2018 ás 20:00 horas, en NUMAX, Concepción Areal, 9, Santiago, terá lugar a presentación do libro Elefante de Manuel Darriba. No acto participarán Manuel Darriba e Fran Alonso.

Anaír Rodríguez: «Non pretendín que estas pioneiras fosen heroínas; forman parte do proceso de igualdade promovido polo feminismo desde hai 300 anos»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do álbum Pioneiras, Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez Rodríguez, ilustrado por Nuria Díaz.   «Pioneiras« de Anaír Rodríguez e Nuria Díaz, presentación na Libraría Lume Moita xente participou onte na Librería Lume da Coruña na presentación de Pioneiras.

Por todas as que quedaron no camiño e perderon a súa voz: «Corredora», de María Reimóndez. Recensión de de Alba Piñeiro

Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños unha recensión sobre a novela Corredora, de María Reimóndez, publicada na colección Fóra de Xogo.   «Corredora», de María Reimóndez A escritora, tradutora e intérprete María Reimóndez achégalles aos adolescentes esta novela necesaria e comprometida coa humanidade xa que lles dá voz aos seres máisdesfavorecidos da sociedade.

Un estudo que pon o poder reivindicativo da obra de Rosalía á altura da beleza das súas creacións: «Rosalía de Castro e o poder sexual», de María Xosé Queizán. Crítica de González Serrano

A web El vuelo de la lechuza publicou un artigo de Carlos Javier González Serrano sobre o libro Rosalía de Castro e o poder sexual, de María Xosé Queizán.

O álbum «Os arquivos secretos de Escarlantina», de Ledicia Costas, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao álbum ilustrado Os arquivos secretos de Escarlatina, de Ledicia Costas. O programa pode verse nesta ligazón.

Una novela arriscada, desafiante, que propón novos territorios para explorar e non defrauda: «Noites de safari», de Marleen MaLone. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre da novela Noites de safari, subtitulada «Manual sobre amantes desorientados», de Marleen MaLone. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Manuel Darriba: «En ‘Elefante’ non só quero facer unha crítica á postmodernidade, senón avogar pola súa superación»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Manuel Darriba sobre o seu libro de relatos Elefante.   Manuel Darriba: «Os discursos do poder alertan sobre o perigoso que sería crebar a bendita ‘paz social’. Apóianse niso» A autoridade municipal presenta o “Edificio en Si”. Concibido para Nada.

Novela para practicar o gusto demorado pola lectura «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. DoCampo. Artigo de Xoán Carlos Domínguez Alberte

Sermos Galiza publicou un artigo de Xoán Carlos Domínguez Alberte sobre a novela A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo.   A nena do abrigo de astracán Un deses libros nos que se gorenta o gusto demorado pola lectura é A nena do abrigo de astracán, recente produción narrativa de Xabier Docampo, de fondo alento.