Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2018

«A batalla da pequena Chañan Curi Coca», de Rosa Aneiros, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao libro A batalla da pequena Chañan Curi Coca, de Rosa Aneiros, ilustrado por Almudena Aparicio Andión. O programa pode verse nesta ligazón.

Narrativa penetrante e libre, chea de enxeño, ironía e retranca: «Noites de safari», de Marleen MaLone. Crítica de Diana Pastoriza

O blog Palabras de man ao corazón, de Diana Pastoriza, publicou unha recensión sobre a novela Noites de safari, subtitulada «Manual sobre amantes desorientados», de Marleen MaLone. Letters in Books: Noites de safari Os/as escritores/as buscan entreter, excitar e cativar, e o cortexo comeza coa portada.

Presentación en Vilalba de “Long Play” de Lois Pérez

O venres 9 de marzo de 2018, ás 20,30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro Long Play de Lois Pérez. No acto, organizado polo Instituto de Estudos Chairegos, participarán Martiño Maseda, Marisa Barreiro, Chema Felpeto e Lois Pérez.

Presentación na Coruña de “Pioneiras” de Anaír Rodríguez

O mércores 7 de marzo, 2018, ás 19,30 horas, na librería Lume, rúa Fernando Macías, 3, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Pioneiras. Galegas que abriron camiño de Anaír Rodríguez e ilustrado por Nuria Díaz. No acto participarán Manuel Bragado e Anaír Rodríguez.

Eli Ríos, no club de lectura da Biblioteca municipal de Caldas de Reis coa súa novela «Luns»

A escritora  Eli Ríos visitou o club de lectura da biblioteca municipal P. M. Martínez Ferro, de Caldas de Reis coa súa novela Luns. Reproducimos a información do blog a biblioteca.

A «Cociña galega tradicional», de Matilde Felpeto, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao libro Cociña galega tradicional, subtitulado Receitas, tradición, historia e evolución, de Matilde Felpeto. O programa pode verse nesta ligazón.

O blog Rede Lectura, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda «Ceiba de Luz», de Manuel Lourenzo González

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda a novela Ceiba de Luz, de Manuel Lourenzo González, Premio Jules Verne 2017. «Ceiba de luz», de Manuel Lourenzo González O premio Jules Verne 2017  acadouno o escritor Manuel Lourenzo coa novela Ceiba de Luz.

A última gran gran utopía do século XX protagonizada por nenos; homenaxe a Benposta «O trapecista da malla de rombos», de Alberto Canal. En Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela  O trapecista da malla de rombos de Alberto Canal.    «O trapecista da malla de rombos», homenaxe a Benposta Onte a presentación no Liceo de Ourense da novela de Alberto Canal O trapecista da malla de rombos constituíu unha homenaxe a Benposta, a cidade e circo dos muchachos do padre Silva.

«Común temos a patria», de Emilio Xosé Ínsua López e Xurxo Martínez González, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á biografía Común temos a patria. Biografía dos irmán Villar Ponte de Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez, O programa pode verse nesta ligazón.

Anaír Rodríguez: «As mulleres de ‘Pioneiras’ demostraron unha capacidade extraordinaria para conquistar espazos sociais porque o tiñan todo na súa contra»

Radiofusión emitu unha entrevista con Anaír Rodríguez Rodríguez sobre o álbum ilustrado, Pioneiras, Galegas que abriron camiño, ilustrado por Nuria Díaz. A entrevista pode escoitarse ou descargarse en mp3 nesta ligazón.   Mamá, futbolista quero ser, dixo Irene En vísperas do 8 de marzo, Edicións xerais de Galicia publica “Pioneiras.

Un espazo sen concesións e único na literatura galega: «Elefante», de Manuel Darriba. Crítica de Nicolás Vidal

A revista Aí publicou unha recensión crítica de Nicolás Vidal o sobre o libro de relatos Elefante, de Manuel Darriba. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Anxo Fariña: «Hai que poñer en valor a idea do amor porque pode mover o mundo, por iso o reivindico nos Megatoxos»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Ana G. Liste ao escritor e ilustrador Anxo Fariña sobre a novela Os Megatoxos e a batalla de Rande. A reportaxe pode lerse ou descargarse nesta ligazón.