Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2018

O álbum para pre-lectores «Onde está Nubebebé?», de Anxo Fariña, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao libro para pre-lectores Onde está Nubebebé?, de Anxo Fariña.  O programa pode verse nesta ligazón.

Poemas no perímetro nómada: «Corpo», de Antón Lopo. Reportaxe de Daniel Salgado

O xornal Sermos Galiza publicou unha información de Daniel Salgado sobre o libro de poemas Corpo, de Antón Lopo, gañador da sexta edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía.

Presentación en Vigo de “Escaquis e Romeu” de Antonio M. Fraga e “As peripecias de Extravaganzza Pérez” de Ledicia Costas

O venres 4 de maio de 2018 ás 20:00 horas, na librería Librouro, Eduardo Iglesias, 12, Vigo, terá lugar a presentación de Escaquis e Romeu de Antonio Manuel Fraga e As peripecias de Extravaganzza Pérez de Ledicia Costas. No acto participarán Antonio Manuel Fraga, Ledicia Costas e Manuel Bragado.

Presentación na Coruña de “Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo” de Xurxo Mariño

O venres 4 de maio de 2018 ás 19:30 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundode Xurxo Mariño. No acto participarán Antonio Sandoval e Xurxo Mariño.

Presentación no Grove de “A noite das bicicletas” de Teresa González Costa

O xoves 3 de maio de 2018 ás 20:30 horas, na Sala das Cunhas, Praza do Corvo, 1, O Grove, terá lugar a presentación do libro A noite das bicicletas de Teresa González Costa. No acto participarán Teresa González Costa e Manuel Bragado.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Santiago

Do 28 de abril ao 6 de maio na Alameda Compostelana, terá lugar a Feira do Libro de Santiago na que Xerais ten organizados os actos seguintes: Día 29 de abril, domingo 20:30 h.: Presentación de María Victoria Moreno. Sementadora de futuro de Isabel Soto e Xavier Senín. Participan os autores e Marta Neira. Día 2 de maio,  mércores 19:00 h.:  Presentación de Choiva de ras de Ánxela Loureiro. Día 3 de maio,  xoves 19:00 h.

Pedro Feijoo: «Vigo está chea de pistas para coñecer a súa identidade»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista ao escritor Pedro Feijoo sobre o seu libro Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade.

Presentación en Pontevedra de “Noites de safari” de Marleen MaLone

O sábado 28 de abril, ás 12:30 horas na libraría Paz, Peregrina, 29, Pontevedra, terá lugar o “Vermú entre libros con Marleen Malone (Iolanda Zúñiga)”. A escritora conversará coa xornalista Teresa Cuíñas sobre a súa novela Noites de safari.

Antón Lopo: «No corpo caben historias, lugares e persoas»

O xornal El Progreso publicou unha reportaxe de Jaureguizar sobre o libro de poemas Corpo, de Antón Lopo, gañador da sexta edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Convocado o II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade

O Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade está promovido polo Instituto de Estudos Chairegos e polo Concello de Vilalba, coa colaboración de Edicións Xerais de Galicia, na honra de Agustín Fernández Paz.

Antonio Tizón: «Esta novela está dedicada á xente que naceu a partir dos anos 80 que non ten memoria histórica deses anos»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista ao escritor Antonio Tizón sobre a súa novela Un home estraño, Premio de novela curta Cidade Centenaria de Ribeira. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Suso de Toro: «Creo que esta novela encerra dentro todos os temas doutros libros meus»

Biblios Clube de Lectura publicou unha entrevista co escritor Suso de Toro sobre a súa novela Fóra de si.