Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2018

Presentación en Ferrol de “Choiva de ras” de Ánxela Loureiro

Do 19 ao 23 de abril celébrase a Feira do Libro de Ferrol e dentro das actividades programadas terá lugar o xoves 19 de abril, ás 20:00 horas, a presentación do libro Choiva de ras de Ánxela Loureiro con ilustracións de Xosé Tomás. A autora, que asinará exemplares na caseta da secretaría a partir das 19:00 horas, estará acompañada por Manuel Bragado.

Un pulso á vida e ao tempo: «Cito», de Emma Couceiro. Crítica de Alba Cid

O programa Chamando á terra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Alba Cid sobre o libro de poemas (Cito), de Emma Couceiro. A crítica pode escoitarse nesta ligazón.

Iria Misa: «A lectura debe deixar un pouso, algo sobre o que reflexionar, cando rematas o libro»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez á escritora Iria Misa sobre a súa nova novela Segredos no Solpor.   Iria Misa: «Creo que a lectura dunha historia debe deixar un pouso, algo no que reflexionar cando rematas e a pechas o libro» Iria Misa Peralba (Gondomar, 1983) é licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo e profesora de ensino secundario.

Os Villar Ponte e Mondoñedo: «Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte», de Emilio Xosé Ínsua López e Xurxo Martínez González

O escritor Antonio Reigosa publicou no seu blog un artigo sobre o libro Común temos a patria. Biografía dos irmán Villar Ponte de Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez.   Os Villar Ponte e Mondoñedo Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González andan estes días pola Mariña coa primicia do seu “Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte” (Xerais, 2018).

Unha chea de preguntas en poucas páxinas que atrapan a cobiza da lectura: «A soidade do asasino, de Carlos Reigosa. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre a obra de teatro A soidade do asasino, de Carlos Reigosa.   A soidade do asasino Carlos G. Reigosa é o autor desta pequena obra de teatro publicada pola editorial Xerais, A soidade do asasino. Un diálogo entre vítima e asasino, un díalogo de descuberta da realidade, da personalidade, do coñecemento.

Un personaxe entrañable, humor e prosa fluída: «Escaquis e Romeu», de Antonio Manuel Fraga. Recensión de Alba Piñeiro

Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños unha recensión sobre a novela infantil  Escaquis e Romeu, de Antonio Manuel Fraga, ilustrada por Jacobo Fernández Serrano.   «Escaquis e Romeu», de Antonio Manuel Fraga Toda iniciativa que teña que ver coa promoción da lectura para os máis novos, sempre é de agradecer, pois significa apostar polo futuro máis inmediato do que eles formanparte.

Presentación na Coruña de “Fóra de si” de Suso de Toro

O xoves 19 de abril de 2018 ás 20:00 horas, na Fundación Luís Seoane, San Francisco, 27, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Fóra de si de Suso de Toro. Na presentación, organizada dentro do programa “Somos o que lemos” da Fundación Luis Seoane, participarán Suso de Toro e Javier Pintor.

Presentación en Santiago de “Común temos a patria” de E. X. Ínsua e Xurxo Martínez

O mércores 18 de abril de 2018, ás 19:30 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte de Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González. No acto acompañarán aos autores Miguel Anxo Seixas e Manuel Bragado.

Presentación en Ourense de “O canastro sen tornarratos” de David Rodríguez

O martes 17 de abril de 2018 ás 19,30 horas, na librería Eixo, Cardenal Quevedo, 36, Ourense, terá lugar a presentación do libro O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega de David Rodríguez. No acto participarán Rita González e David Rodríguez.

Suso de Toro ou rexurdir en plena forma para seguir sendo el mesmo: a novela «Fóra de si». Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela a novela Fóra de si, de Suso de Toro.   A volta de Suso de Toro Un nunca creu na retirada de Suso de Toro hai oito anos, non, quen  leva o bicho dentro non ten máis remedio que deixalo aflorar máis pronto ou máis tarde.

Manuel Bragado causou baixa como Director Xeral de Xerais a petición propia

Con data de hoxe Manuel Bragado Rodríguez causou baixa como Director Xeral de Edicións Xerais de Galicia a petición propia. Manuel Bragado continuará colaborando coas empresas do Grupo Anaya en Galicia como asesor editorial polo que seguirá vencellado á nova etapa que se abre a partir de agora.

Xosé Cobas: «’A nena do abrigo de astracán’ é unha novela moi madurada, moi traballada ao longo de moitos anos, pna procura daqueles os matices que a fan redonda»

O programa Diario Cultural da Radio Galega, emitiu unha ampla reportaxe con entrevistas a varias voces sobre a novela A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo. As persoas que falan sobre a novela son Martin Pawley, Xosé Cobas, Berta Dávila, Pepe Coira e Manuel Bragado. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.