Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2018

Unha biografía luminosa: «María Victoria Moreno. Sementadora de futuro», de Isabel Soto e Xavier Senín. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre a biografía María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, de Isabel Soto e Xavier Senín.     María Victoria Moreno.

Unha liña de experimentación narrativa moi interesante: «Elefante», de Manuel Darriba. Crítica de Chus Nogueira

 O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre o libro de relatos Elefante, de Manuel Darriba. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Unha novela para un posto sobranceiro: «As sete mortes de Leopoldo Pardo», de Jorge Emilio Bóveda. Crítica de Vicente Araguas

 O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión sobre a novela As sete mortes de Leopoldo Pardo, de Jorge Emilio Bóveda. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Reparar unha situación de profunda desigualdade: «Pioneiras», de Anaír Rodríguez e Nuria Díaz. Crítica de Erín López Velasco

A web A Movida publicou unha recensión de Erín López Velasco sobre o álbum ilustrado Pioneiras, Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez Rodríguez, ilustrado por Nuria Díaz.   Lectura clave: «Pioneiras galegas que abriron camiños» As vacacións son un bo momento para dedicar tempo a lectura.

Iria Misa: «’Segredos do solpor’ pon en valor a importancia das segundas oportunidades»

A web Balea Cultural publicou unha entrevista de Ana Vigo á escritora Iria Misa sobre Segredos no Solpor.   Iria Misa: «’Segredos do solpor’ é a primeira novela que escribín» Iria Misa é profesora e escritora, non necesariamente nesta orde. Gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil por Xa non estou aquí,acaba de publicar a súa nova obra, Segredos no Solpor, novamente da man de Xerais.

Opinións dos estudantes do IES Laxeiro de Lalín sobre a novela «22 segundos», de Eva Mejuto

O blog As estelas dos ronseis publicou opinións dos estudantes do IES Laxeiro de Lalín sobre a novela  22 segundos, de Eva Mejuto, publicada na colección Fóra de Xogo.

Unha obra teatral que confirma a solidez do autor: «A soidade do asasino», de Carlos Reigosa. Crítica de Armando Requeixo

 O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre a obra de teatro A soidade do asasino, de Carlos Reigosa. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Suso de Toro: «Escribín esta novela porque tiña ganas de volver imaxinar vidas»

 O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao escritor Suso de Toro sobre a súa novela Fóra de si. (Foto Xoán Álvarez / Faro de Vigo). A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Jorge Emilio Bóveda: «Escribo por puro amor á arte e por tratar de preservar a lingua galega»

O xornal La Región publicou unha entrevista de Laura Fernández ao escritor Jorge Emilio Bóveda, autor da novela As sete mortes de Leopoldo Pardo.

Lois Pérez: «Como escritor debo indagar no que son e no que levo dentro para darlle forma literaria»

 O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar ao escritor Lois Pérez, autor do libro Long Play.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

O escritor Cid Cabido gaña o Premio Ánxel Fole de Narrativa Breve coa novela «Tres pintores»

O escritor Cid Cabido gañou esta pasada fin de semana o Premio Premio Ánxel Fole de Narrativa Breve, que convoca o Concello de Lugo, coa novela Tres pintores e regresa á narrativa logo de nove anos de silencio.

Voces feminas silenciadas. Recomendado para todas as idades: «Pioneiras», de Anaír Rodríguez e Nuria Díaz. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión sobre o álbum Pioneiras, Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez Rodríguez, ilustrado por Nuria Díaz. Pioneiras, galegas que abriron camiño Aínda sorprende saber que as nenas ao chegar aos seis anos se cren menos brillantes que os nenos.