Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2018

O cómic «Astérix en Italia», en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao cómic Astérix en Italia, de  René Goscinny,  Albert Uderzo, Jean-Yves Ferri e Didier Conrad. O programa pode verse nesta ligazón.

Presentación en Lugo de “Común temos a patria” de E. X. Ínsua e Xurxo Martínez

O sábado 14 de abril de 2018, ás 12:30 horas, na Librería Trama, Avda da Coruña, 21, Lugo, terá lugar a presentación do libro Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte de Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González. No acto acompañará aos autores Lois Pérez.

9 libros infantís de Xerais na Selección 2017 de GALIX e a OEPLI

A OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil, canda as súas organizacións territoriais, como GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) acaba de facer público a súa escolla e selección de 2017 nun catálogo dos mellores libros publicados, presentado na Feira de Boloña.

A novela «Fóra de si», de Suso de Toro, en Cada día un libro, da TVG

 O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á novela Fóra de si, de Suso de Toro. O programa pode verse nesta ligazón.

Xogar a darlle volta ás constriccións de xénero: «Penúltimas tendencias», de Carlos Negro. Crítica de Montse Pena Presas

O programa Chamando á Terra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Montse Pena Presas sobre o poemario Penúltimas tendencias, de Carlos Negro. A opinión crítica pode escoitarse nesta ligazón.

Presentación en Baiona de “Segredos no Solpor” de Iria Misa

O venres 13 de abril de 2018, ás 20,00 horas, no Casino de Sabarís, Julián Valverde, 33, Baiona, terá lugar a presentación do libro Segredos no Solpor de Iria Misa. No acto, organizado en colaboración co Casino de Sabarís e a librería Vernet, acompañarán á autora David González e Manuel Bragado.

Presentación en Cambados de “Común temos a patria” de E. X. Ínsua e Xurxo Martínez

O venres 13 de abril de 2018, ás 20:00 horas, no Salón Peña, rúa Borrón, 14, Cambados, terá lugar a presentación do libro Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte de Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González. No acto, organizado coa colaboración das librerías Ramón Cabanillas e Contos, acompañarán aos autores Victor Caamaño e Francisco Fernández Rei.

Novela intensa de ritmo áxil: «Proxecto Bolboreta», de Andrea Maceiras. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a primeira novela de Andrea Maceiras, Proxecto bolboreta, coa que gañou o Premio de Micronovela Concello de Soutomaior hai dez anos.

Presentación en Vigo de “Común temos a patria” de E. X. Ínsua e Xurxo Martínez

O xoves 12 de abril de 2018, ás 20:00 horas, na libraría Andel, avenida Camelias, 102, Vigo, terá lugar a presentación do libro Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte de Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González. No acto acompañarán aos autores Xosé Ramón Pena e Manuel Bragado.

Presentación en Santiago de “O canastro sen tornarratos” de David Rodríguez

O xoves 12 de abril de 2018, ás 19:30 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega de David Rodríguez. No acto acompañarán ao autor Daniel Salgado e  Xosé Manuel Moo.

Lectura de «As peripecias de Extravaganzza Pérez», de Ledicia Costas, na voz de Amelia García

 O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha lectura, a cargo de Amelia García, dun fragmento da novela infantil As peripecias de Extravaganzza Pérez, de Ledicia Costas.  A lectura pode escoitarse nesta ligazón.

Ledicia Costas nos actos do Día do Libro Infantil 2018 da librería Nós de Sanxenxo

O martes 10 de abril de 2018 na librería Nós de Sanxenxo continúan as actividades relacionadas co Día do Libro Infantil 2018: 17:00 horas: Encontro con Ledicia Costas do club de lectura e alumnado de 1º da ESO do IES Sanxenxo 20:00 horas: Charla coloquio sobre a importancia da lectura con Pilar Sampedro, María Fanjul e Ledicia Costas, na librería Nós, rúa de Madrid, 2, Sanxenxo.