Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2018

Pedro Feijoo inicia unha serie de rutas polo casco vello de Vigo en Localia Televisión

O escritor Pedro Feijoo inicia unha serie de rutas polo casco vello de Vigo que se está a emitir en Localia Televisión e que realiza a partir do seu libro Camiñar o Vigo vello.  O vídeo da primeira emisión pode verse nesta ligazón. Localia recupera la historia del Vigo Vello con Pedro Feijóo En una serie de reportajes el escritor analiza la historia de lo que perdura y lo que perdimos Marta Díaz.

Lectura de «Culpable», de Eli Ríos», na voz de Amelia García

 O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha lectura, a cargo de Amelia García, dun poema do libro Culpable, de Eli Ríos, IV Premio de Poesía López Abente 2017.  A lectura pode escoitarse nesta ligazón.

Con estrutura fragmentaria. Crises de identidade e segredos familiares: «Fóra de si», de Suso de Toro. Crítica de Dolores Martínez

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión de Dolores Martínez Torres sobre a novela Fóra de si, de Suso de Toro. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Violencia de xénero, homosexualidade, amor e amizade nunha novela que engancha: «Segredos no Solpor», de Iria Misa. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre novela Segredos no Solpor, de Iria Misa. Segredos no Solpor Iria Misa traénos en Segredos no Solpor publicado por Xerais unha historia de fácil lectura que engancha e estou segura gustará ao meu alumnado de 3º da ESO, unha historia que mestura o amor, o misterio e a violencia dexénero.

Lois Pérez: ««Sinto certa simpatía polos que roubaron o busto de Fraga»

 O xornal El Progreso publicou unha entrevista de Cristina Pérez sobre o libro de poemas Long Play, de Lois Pérez. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Fermoso álbum contra o esquecemento da historia: «Pioneiras», de Anaír Rodríguez e Nuria Díaz. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou en El Correo Gallego unha recensión sobre  o álbum ilustrado Pioneiras, Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez Rodríguez, ilustrado por Nuria Díaz. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Reedescubrindo o Vigo vello con Pedro Feijoo

A web A Movida publicou unha reportaxe sobre o roteiro literario que realizou o escritor Pedro Feijoo pola cidade de Vigo a partir do seu libro Camiñar o Vigo vello.  Reedescubrindo o Vigo vello con Pedro Feijoo A sala do Instituto Camões quedábase pequena para acoller a toda a xente que onte se achegou á presentación do último libro de Pedro Feijoo ‘Camiñar o VigoVello’.

«Ledicia e Antonio, Vigueses Distinguidos», por Manuel Bragado

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou no Faro de Vigo un artigo sobre o nomeamento da escritora Ledicia Costas e do poeta Antonio García Teijeiro, como vigueses distinguidos.

«Pioneiras», de Anaír Rodríguez e Nuria Díaz, en Cada día un libro, da TVG

 O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo o álbum ilustrado Pioneiras, Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez Rodríguez, ilustrado por Nuria Díaz. O programa pode verse nesta ligazón.

Unha novela imaxinativa, retranqueria e entretida: «As sete mortes de Leopoldo Pardo», de Jorge Emilio Bóveda. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela As sete mortes de Leopoldo Pardo, de Jorge Emilio Bóveda.   Recensión: Jorge Emilio Bóveda, As sete mortes de Leopoldo Pardo Tras Asasinato no centro comercial e A morte vén en chancletas, Xerais publicou este mes de Febreiro o terceiro volume desta “saga” As setemortes de Leopoldo Pardo.

Novidade: «Segredos no Solpor», de Iria Misa. Unha engaiolante novela de intriga sobre a forza dos sentimentos, a melancolía e as violencias que sofren as mulleres

A novela Segredos no Solpor, de Iria Misa, é unha novidade da colección Fóra de Xogo. En Bico durante os meses de vacacións todas as noites son de festa, mais o día que Lucía Xesta aparece tirada na estrada en fronte do Hotel O Solpor o verán semella quedar en paréntese. Algún coche que saíu da rotonda a máis velocidade da debida levouna por diante, e o condutor, ao parecer, deuse á fuga.

Suso de Toro: «Non fondo da miña novela hai unha reflexión sobre como se constrúe a identidade masculina»

 O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor Suso de Toro sobre a súa novela Fóra de si.   A entrevista pode verse nesta ligazón.