Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2018

O libro de poemas «Soños. Arquivos. Cartas», de María do Cebreiro, e a novela «Noites de safari», de Marleen MaLone, lideran os máis recomendados na Tabela dos Libros de abril

O libro de poemas Soños. Arquivos. Cartas, de María do Cebreiro, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de abril. En terceiro lugar sitúase a novela Noites de safari, de Marleen MaLone, subtitulada «Manual sobre amantes desorientados» por Iolanda Zúñiga.

Unha lectura agradable con feitos para reflexionar: «Común temos a patria», de Emilio Xosé Ínsua López e Xurxo Martínez González. Crítica de Xosé Feixó

O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión de Xosé Feixó sobre a biografía Común temos a patria. Biografía dos irmán Villar Ponte de Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez. O programa pode verse nesta ligazón.

Unha aventura entrañable, cálida e misteriosa: «Muriel», de María Canosa. Tertulia no Club de Lectura de Radiofusión

O Club de lectura Radiofusión debate sobre a novela Muriel, de María Canosa, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, ilustrada por Lucía Cobo.   A Muriel custáballe prender o sono A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas.

Pedro Feijoo: «A constante da nosa historia é afirmar que en Vigo non temos historia»

O xornal Atlántico Diario publicou unha entrevista de Ana Baena ao escritor Pedro Feijoo sobre o seu libro Camiñar o Vigo vello.    PEDRO FEIJOO ESCRITOR VIGUÉS QUE PRESENTA «CAMIÑAR O VIGO VELLO» «A constante da nosa historia é afirmar que en vigo non temos historia»  A Casa Torre de Ceta e Arines foi o lugar escollido por Pedro Feijoo para presentar onte o seu libro “Camiñar o Vigo Vello”.

A fin do exilio interior de Nacho Taibo. Por Daniel Salgado

O xornal Sermos Galiza publicou unha información de Daniel Salgado sobre o escritor Nacho Taibo, autor da novela Os tres de nunca,de Nacho Taibo, ao que a AELG lle concede a distinción Escritor na súa terra.    ESCRITOR NA SÚA TERRA DA AELG A fin do exilio interior de Nacho Taibo “Para concluír, como creador son un perfecto fracasado”. Con esta crueza percibíase, en 2001, o escritor Xosé Ignacio Taibo.

O álbum «O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas», escrito por Iago López e ilustrado por Macus Romero, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao álbum ilustrado O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas, de Iago López , ilustrado por Macus Romero. O programa pode verse nesta ligazón.

Presentación en Ribadeo de “Común temos a patria” de Emilio X. Ínsua e Xurxo Martínez

O sábado 7 de abril de 2018, ás 19:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Ribadeo, terá lugar a presentación do libro Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte de Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González. No acto acompañarán aos autores, Fernando Suárez Barcia, Alcalde de Ribadeo e Eduardo Gutiérrez, Cronista Oficial de Ribadeo.

Presentación en Mondoñedo de “Común temos a patria” de Emilio X. Ínsua e Xurxo Martínez

O venres 6 de abril de 2018, ás 19:30 horas, no Centro Comarcal Mondoñedo, terá lugar a presentación do libro Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte de Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González. No acto acompañará aos autores Antonio Reigosa, Cronista Oficial de Mondoñedo.