Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2018

O blog «Rede Lectura» recomenda a obra teatral «A soidade do asasino», de Carlos Reigosa

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda a obra teatral A soidade do asasino, de Carlos Reigosa.   Unha proposta teatral: «A soidade do asasino», de Carlos G. Reigosa A editorial Xerais vén de publicar na colección Fóra de xogo a peza teatral A soidade do asasino de Carlos G. Reigosa.

«Ás veces os personaxes non son tan bos nin tan malos como parece.» A libraría Couceiro recomenda «O ladrón de soños», de Sabela Fernández Trelles

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animan á lectura de O ladrón de soños, de Sabela Fernández Trelles, con ilustracións de Alicia Suárez. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Unha cartografía do tempo que vivimos: «Contra todo isto», de Manuel Rivas. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia e no blog Caderno da Crítica unha recensión do ensaio-manifesto Contra todo isto, de Manuel Rivas.   «Contra todo isto», de Manuel Rivas Afirma Manuel Rivas neste libro, referíndose a Saramago, que este conseguía que falase a «boca da literatura, a que non se deixa dominar». Permítome aplicar ao escritor coruñés idéntico aserto.

A libraría Chan da Pólvora escolle o libro de poemas «Culpable», de Eli Ríos, como obra do mes de xuño para o seu club de lectura

A libraría compostelá Chan da Pólvora escolleu o libro de poemas Culpable, de Eli Ríos, como obra do mes de xuño para o seu club de lectura aberto, dentro do ciclo Poema(s) de Primavera. O sábado 9 de xuño, de 11.00 a 13.00, terá lugar un encontro coa autora na sede da librería (R/ San Pedro, 74 – Santiago de Compostela). O cartel do encontro pode verse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un libro que recende a mar, unha obra de referencia para calquera paseo pola cidade: «Camiñar o Vigo vello», de Pedro Feijoo. Crítica de David González no blog «Palabra de Gatsby»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre Camiñar o Vigo vello, de Pedro Feijoo. Recensión: Pedro Feijoo, «Camiñar o Vigo vello» Sabendo que a historia de Vigo é unha gran descoñecida para a meirande parte da súa poboación non é de estrañar que as pequenas historias que agochan algunhas das rúas que os vigueses transitan aínda séxano máis.

Booktráiler de «O exército de fume», a nova novela de Manuel Gago, un dos lanzamentos de Xerais para o mes de xuño

Xa se pode ver o booktráiler realizado por Manuel Gago e Sole Felloza para anunciar o lanzamento da nova novela de Manuel Gago, O exército de fume, que Xerais publicará durante o mes de xuño.

Un ensaio que aborda en primeira persoa a experiencia de ser nai: «Maternidade fóra de catálogo», de Marga Tojo. Recomendación da libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animan á lectura de Maternidade fóra de catálogo, de Marga Tojo. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Unha proposta poética cargada de evolución e aprendizaxe, pero tamén de procura, reflexión, ironía, interacción e pro-actividade: «Galicia en bus», de María Reimóndez. Anotación de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no blog Caderno da Crítica unha anotación sobre a presentación en Vigo do libro de poemas Galicia en bus, de María Reimóndez.

«O trapecista da malla de rombos» de Alberto Canal, «Terradentro» de Xosé Benito Reza e «As sete mortes de Leopoldo Pardo» de Jorge Emilio Bóveda, na Feira do Libro de Ourense

                    O xornal La Región dedica unha información aos actos programados para a feira do libro de Ourense, que comeza o mércores 30 de maio e que se prolonga ata o sábado, 2 de xuño. Entre elas, figuran as seguintes actividades de Xerais: Mércores 30 de maio, 20:00 h.: Pregón do escritor Xosé Benito Reza.

«Pedro Feijoo pecha a tempada dos clubs de lectura do Círculo das Artes de Lugo.» Información de «El Progreso»

                  O xornal El Progreso informa sobre o encontro que o escritor Pedro Feijoo manterá este mércores, día 30, cos membros dos clubs de lectura do Círculo das Artes de Lugo, co que se pecha a temporada. O escritor vigués falará cos asistentes das obras Os fillos do mar, A memoria da choiva, Morena, perigosa e románicae Os fillos do lume.

«Un tratado sobre a historia da caricatura en forma de diálogo.» Información sobre a presentación na Coruña de «Falemos de caricatura», de Siro López e Félix Caballero

Os xornais El Ideal Gallego, Diario de Bergantiños e Diario de Ferrol publicaron unha anotación sobre a presentación na Coruña do libro Falemos de caricatura, de Siro e Félix Caballero. A información pode lerse ou descargase en formato PDF nesta ligazón.

O pazo de Moldes, en Boborás, acollerá o 9 de xuño a entrega dos premios Losada Diéguez a Xosé Benito Reza e Xosé Luís Axeitos

O xornal La Región informa de que a entrega da XXXIII edición dos premios Losada Diéguez se celebrará no pazo de Moldes, no concello de Boborás. Os galardoados deste ano son: na categoría de creación literaria, Xosé Benito Reza, por Terradentro; e na categoría de investigación e ensaio, Xosé Luís Axeitos Agrelo, por Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía. Ambas as obras foron publicadas por Xerais durante o ano 2017.