Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2018

A riqueza desta obra é extremadamente impresionante. Palabras de Dieter Kremer, sobre «Costa do solpor»

O catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Tréveris (Alemaña), Dieter Kremer, trasladoulle ao autor de Costa do solpor, Xosé María Lema, a súa eloxiosa opinión tras a lectura da novela.

Emilio Xosé Ínsua: «O propósito era ofrecer o retrato de dúas figuras decisivas na construción da nación»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní cos investigadores  Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez, autores de Común temos a patria. Biografía dos irmán Villar Ponte.  A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Unha presa de contos que non deixarán a ninguén indiferente: «Elefante», de Manuel Darriba. Crítica de Manrique Fernández

A web de Comarcas na Rede publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela Elefante, de Manuel Darriba. Manuel Darriba, «Elefante» Outravolta, Manuel Darriba presenta un traballo peculiar que responde á súa particular visión do mundo narrativo, que é tanto como dicir do mundo en xeral. E faino a través dunha presa de contos que non deixarán a ninguén indiferente.

Novidade: «Contra todo isto», de Manuel Rivas. Un manifesto rebelde que invita á loita para arrincar a esperanza dos brazos do conformismo

O manifesto político Contra todo isto, de Manuel Rivas, é unha novidade da colección Crónica. Vivimos un tempo de retroceso, de aumento das desigualdades, de subtracción das liberdades; un réxime mundial de pensamento groseiro, de rearmamento bélico e abaratamento humano, de desfeita ecolóxica, da fin do mito da «globalización feliz». Vivimos nun Estado de Vergoña. Este libro está escrito contra Todo Isto.

Novidade: «A crueldade de abril», de Diego Ameixeiras. Unha historia salvaxe atravesada por unha estraña e clarividente poesía da crueldade

A novela A crueldade de abril, de Diego Ameixeiras, é unha novidade de Xerais Narrativa. Un incendio nunha casa abandonada. Dous cadáveres. Un home e unha muller sen teito que se refuxiaban na vivenda. Pero a conmoción dura o mesmo ca portada dun xornal. O suceso, un de tantos titulares, cae axiña no esquecemento. Ninguén se concentrará nunha praza pola parella. Ninguén se indignará nun programa de televisión.

Novidade: «Corpo», de Antón Lopo. Poesía, amor, sexo e morte conflúen na noda dunha escrita limpa e impactante

Corpo, de Antón Lopo, é unha novidade de poesía. Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, 2018 «Corpo é unha obra onde poesía, amor, sexo e morte conflúen na noda dunha escrita limpa e impactante.

Unha homenaxe literaria á historia recente do país: «O trapecista da malla de rombos», de Alberte Canal. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela de Alberte Canal O trapecista da malla de rombos. Recensión: Alberto Canal, «O trapecista da malla de rombos» Alberto Canal regresa ó catálogo de Xerais dous anos despois do seu anterior título, que persoalmente recomendo moitísimo, O amor nos escuros días de Birkenau (Xerais, 2016).

Novidade: «O lobo con botas», de El Hematocrítico. O autor de «Axente Riciños» e «Feliz Feroz» regresa cun conto sobre o consumismo, con lobos, gatos e xigantes

O álbum ilustrado O lobo con botas, de El Hematocrítico, é unha novidade da colección Pequeno Merlín, traducido por Anaír Rodríguez e ilustrado por Alberto Vázquez. Lobiño Feroz é o maior admirador do Gato con Botas, a estrela infantil de moda entre os animais do bosque. Todos queren vestir o seu sombreiro, empuñar a súa espada e calzar as súas botas, algo que o tío do Lobiño aproveita para facer negocio.

Novidade: «A biblioteca de Pedrarcana», de Carlos Taboada. Unha historia emocionante e fermosa sobre o valor das bibliotecas para mudar a pel dunha cidade

A biblioteca de Pedrarcana, de Carlos Taboada, é unha novidade da colección Merlín (de 9 anos en diante). Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar.

Novidade: «A noite das bicicletas», de Teresa González Costa. Fantasía, amor e tenrura na precuela de «A filla do ladrón de bicicletas»

A noite das bicicletas, de Teresa González Costa, é unha novidade da colección Merlín (de 11 anos en diante) e está ilustrado por Jacobo Fernández Serrano. Raymond era un apaixonado da bicicleta e experto na apertura de todo tipo de cadeados.

Novidade: «Choiva de ras», de Ánxela Loureiro. Unha aventura trepidante protagonizada por animais e que afonda nos valores da amizade, a solidariedade e o respecto

Choiva de ras, de Ánxela Loureiro, é unha novidade da colección Merlín (de 9 anos en diante) e está ilustrado por Xosé Tomás. Todos os animais da fraga coñecían as extravagancias de RaMona, a ra máis mona do lugar, unha afouta artista da camuflaxe que non quería nin casar nin levar os ovos á lagoa como o resto das ras.

Novidade: «Street Poems», de Fran Alonso. Disparos de graffiti na procura de espazos de confluencia entre as artes plásticas e a poesía

Street Poems, de Fran Alonso, é unha novidade da colección Sopa de Libros. Fran Alonso volve sorprender desde a poesía infantil e xuvenil, cunha ollada interdisciplinar, fundindo a frescura e a forza dos versos coa improvisación rebelde da “street art”.