Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2018

Novidade: «Un home estraño», de Antonio Tizón. Tras «A antesala luminosa», nova entrega da serie protagonizada polo policía Xosé Sánchez Pereiro

A novela Un home estraño, de Antonio Tizón, é unha novidade de Xerais Narrativa. VI Premio de Novela Curta ”Cidade Centenaria de Riveira” O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino.

Novidade: «Falemos de caricatura», de Siro e Félix Caballero. Unha boa oportunidade para nos achegar á maxia da caricatura da man dun dos seus mestres

O libro Falemos de caricatura, de Siro e Félix Caballero, é unha novidade da colección LibrosX de Xerais. Siro é o pai da caricatura na prensa galega despois da Guerra Civil e o caricaturista político galego por excelencia dos últimos cincuenta anos.