Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2018

Un mapa literario arroupado nunha perspectiva de xénero, que critica o machismo e a ocultación perversa que se fai da muller: «Galicia en bus», de María Reimóndez. Anotación en «Brétemas»

Manuel Bragado publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación na librería Andel de Vigo do libro de poemas Galicia en bus, de María Reimóndez, premio Johán Carballeira de Poesía 2017.

Unha historia que pon o ser humano ante a súa verdadeira realidade, os seus abismos morais, as súas dúbidas e mesquindades: «A crueldade de abril», de Diego Ameixeiras. Crítica de Ramón Rozas

 O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre a novela A crueldade de abril, de Diego Ameixeiras. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en PDF nesta ligazón.

Finalistas dos Premios Xerais 2018

Os tres xurados dos Premios Xerais 2018 declararon as obras finalistas: O xurado da XXXV edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.

«Os protagonistas coñecen o abismo dun mundo no que non hai lugar para a esperanza.» A libraría Couceiro recomenda a lectura da novela de Diego Ameixeiras «A crueldade de abril»

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animaron á lectura da novela A crueldade de abril, de Diego Ameixeiras. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Unha novela poderosa sobre a identidade, a existencia e a posibilidade de redención: «Fóra de si», de Suso de Toro. Crítica de Chus Nogueira

 O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre a novela Fóra de si, de Suso de Toro. A opinión crítica pode escoitarse nesta ligazón.

A poesía como ferramenta para traballar a lingua, a imaxe, o espírito crítico, a rebelión: «Street Poems», de Fran Alonso. Crítica en Brabádegos

O blog de literatura infantil Brabádegos publicou unha recensión crítica sobre Street Poems, de Fran Alonso. O verso do graffiti ten a beleza sorprendente e salvaxe dun elefante que nunca se deixa dominar Ás veces aparecen libros que son ferramentas moi útiles para a dignificación da lingua, obras especiais que nos amosan o cotiá, o atractivo do cotiá, como ferramenta normalizadora que podemos empregar.

A ruta marítima elaborada a partir da novela «Costa do solpor», de Xosé María Lema, dispoñible na web da AELG

Xa está dispoñible na web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Ruta marítima da novela Costa do Solpor, de Xosé María Lema, coa novidade de que, ademais da versión en galego, tamén se inclúe a tradución ao castelán (La ruta marítima de la novela Costa do Solpor) e ao inglés (The route of the novel Costa do Solpor).

Manuel Rivas: «Este é un libro contra a indiferenza, contra o cinismo, contra ese gran partido transversal que é o partido conformista.» Entrevista no xornal «Faro de Vigo» sobre «Contra todo isto»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista ao escritor Manuel Rivas sobre o seu ensaio-manifesto Contra todo isto. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A reivindicación do humorismo gráfico galego como unha das expresións máis xenuínas das artes visuais: «Falemos de caricatura», de Siro e Félix Caballero. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación na Coruña do libro Falemos de caricatura, de Siro e Félix Caballero. A información tamén foi recollida polo xornal La Voz de Galicia.   Presentación de «Falemos de caricatura» na Coruña Acompañamos onte a Siro e a Félix Caballero na presentación do seu libro Falemos de caricatura no Espacio Lector Nobel da Coruña.

Crónicas sonora e videográfica da III Gala do Libro Galego

O espazo da Radio Galega Diario Cultural elaborou unha crítica sonora da III Gala do Libro Galego. Asemade, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega recolle na súa web unha crónica videográfica do acto.

Antón Lopo: «O corpo ten que ser un elemento incentivador, transformador.» Entrevista no programa «ZigZag Diario» sobre o libro de poemas «Corpo»

No programa Zig-Zag da TVG entrevistaron o escritor Antón Lopo con motivo da publicación do libro de poemas Corpo, premio Manuel Lueiro Rey de Poesía en 2017. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Palabras moldeadas polas mans argalleiras daqueles e aquelas que ciscan adrenalina e espantan covardías ao son das badaladas da lúa: «Street Poems», de Fran Alonso. Crítica de Diana Pastoriza

O blog Palabras de man ao corazón, de Diana Pastoriza, publicou unha recensión sobre Street Poems, de Fran Alonso. Words in books: Street Poems Na paisaxe de cemento, cabalos desbocados rachan en zigzag unindo liñas de spray con letras de luz. O periscopio da ollada fai o varrido do faro, e Fran Alonso convoca a súa tropa de nácara para cazar espazos e domalos nunha colonización impune da ollada.