Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2018

Diego Ameixeiras: «Desta volta quixen falar da violencia, do desamparo e da marxinalidade desde un punto de vista poético.» Entrevista no «Diario Cultural» sobre a novela «A crueldade de abril»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor Diego Ameixeiras sobre a súa última novela, A crueldade de abril. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

«Aos rapaces e ás rapazas non hai que tratalos con condescendencia; e preguntarlles moito, porque teñen moito que contar.» Entrevista a El Hematocrítico sobre «O lobo con botas»

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por Diante da Radio Galega, entrevistou a El Hematocrítico, autor do libro O lobo con botas, ilustrado por Alberto Vázquez e traducido por Anaír Rodríguez. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Manuel Rivas: «Xornalismo e literatura deben facer activismo contra o medo, un activismo da liberdade.» Anotación en «Brétemas» sobre a presentación en Vigo de «Contra todo isto»

Manuel Bragado publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación en Vigo do ensaio-manifesto Contra todo isto, de Manuel Rivas.   Presentación de «Contra todo isto» no Tamberlick Serán memorable o de onte no que nas escaleiras do Tamberlick, o teatro circo vigués onde se celebrou a terceira das asembleas das Irmandades da Fala, en abril de 1921, presentamos Contra Todo Isto, o libro-manifesto de Manuel Rivas.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Ourense

Do 30 de maio ao 2 de xuño terá lugar a Feira do Libro de Ourense na que Xerais ten organizados os actos seguintes: Día 30 de maio,  mércores 20:00 h.: Pregón do escritor Xosé Benito Reza. Ao remate asinará exemplares do seu libro Terradentro, Premio Losada Diéguez 2018. Día 31 de maio,  xoves 20:00 h.

«Unha descuberta máis alá da historia tradicional e tantas veces mal contada sobre a nosa cidade.» Artigo de Eduardo Rolland sobre «Historias de Vigo», de Jorge Lamas

O xornal La Voz de Galicia publicou un artigo de Eduardo Rolland sobre Historias de Vigo, de Jorge Lamas. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Un libro rebelde que une de forma indisoluble a arte urbana coa arte poética: «Street Poems», de Fran Alonso. Crítica de Xesús Fraga

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de Xesús Fraga sobre o libro de poemas Street Poems, de Fran Alonso. A reportaxe pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Un percorrido sentimental, ameno e ben documentado pola cidade de Vigo: «Camiñar o Vigo vello», de Pedro Feijoo. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión sobre Camiñar o Vigo vello, de Pedro Feijoo. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

«Apetecíame escribir sobre a realidade como un espazo inhóspito que nos somete a todos.» Entrevista de Lourdes Varela a Diego Ameixeiras no xornal «La Opinión» sobre «A crueldade de abril»

O xornal La Opinión publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao escritor Diego Ameixeiras sobre a  novela A crueldade de abril. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Divertida, emocionante e desbordante de imaxinación: «A biblioteca de Pedrarcana», de Carlos Taboada. Crítica de Armando Requeixo

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre A biblioteca de Pedrarcana, de Carlos Taboada. A recensión pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

«Un libro que non invita á fuxida, senón a correr cos brazos abertos cara ao mundo, cando a vergoña abre paso a unha saudade rebelde.» Recensión sobre «Contra todo isto», de Manuel Rivas

Os xornais Diario de Pontevedra e El Progreso publicaron unha recensión sobre o ensaio-manifesto Contra todo isto, de Manuel Rivas. O texto pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

«Un contedor no que caben as historias, as persoas e os lugares.» Recensión sobre o libro de poemas «Corpo», de Antón Lopo

Os xornais Diario de Pontevedra e El Progreso publicaron unha recensión sobre o libro de poemas Corpo, de Antón Lopo. O texto pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

«María Victoria Moreno foi pioneira na creación da literatura infantil e xuvenil en galego.» Información sobre a mesa redonda no Club Faro de Vigo arredor da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas

O xornal Faro de Vigo publicou unha información sobre a mesa redonda arredor da figura de María Victoria Moreno, e na que participaron Manuel Bragado e os autores de María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, Xavier Senín e Isabel Soto. A información pode lerse en formato pdf nesta ligazón e nestoutra.