Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2018

Un ambicioso exercicio literario que é case unha poética da crueldade: «A crueldade de abril», de Diego Ameixeiras. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela A crueldade de abril, de Diego Ameixeiras. Recensión: Diego Ameixeiras, «A crueldade de abril» Diego Ameixeiras está de volta cun libro que, sen dúbida, é todo un ambicioso exercicio literario que merece un posto privilexiado entre toda a súa obra publicada.

Ramón Nicolás: «Esta é unha novela de ficción, pero constrúese a partir dos vínculos, reais e moi intensos, entre a Galicia do período franquista e mais a ditadura arxentina.» Entrevista en Localia Vigo sobre «Lapis na noite»

Localia Vigo emitiu unha entrevista con Ramón Nicolás sobre a novela Lapis na noite. A entrevista pode verse nesta ligazón.

As páxinas pasan voando nesta historia que é unha fuxida cara a diante en todos os sentidos: «Sen piedade», de Pedro Feijoo. Crítica de Malores Villanueva

O programa Chamando á Terra, da Radio Galega, emitiu unha crítica de Malores Villanueva sobre a novela Sen piedade, de Pedro Feijoo. A opinión crítica pode escoitarse nesta ligazón.

María do Cebreiro: «Máis que un libro de poemas, esta obra é un diálogo a través da escrita onde a vida corre polas páxinas como un río de sangue.» Entrevista no «Diario Cultural» sobre «Soños. Arquivos. Cartas»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista coa escritora María do Cebreiro sobre o seu libro Soños. Arquivos. Cartas. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Un conto en prol do consumo responsable con lobos, gatos e xigantes como protagonistas: «O lobo con botas», de El Hematocrítico, no espazo «Cada día un libro» da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao álbum infantil O lobo con botas, de El Hematocrítico, traducido por Anaír Rodríguez e con ilustracións de Alberto Vázquez. O espazo pode verse nesta ligazón.

Recuperar a esperanza fronte ás arremetidas do pensamento reaccionario, rematar coa marea de odio e afirmar a posibilidade dun futuro sen medo: «Contra todo isto», de Manuel Rivas. Crítica de Estro Montaña

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Estro Montaña sobre o ensaio-manifesto Contra todo isto, de Manuel Rivas. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Edición especial dos espazos «Diario Cultural» e «Galicia por Diante» da Radio Galega, e do programa «ZigZag Diario» da TVG, con motivo do pasamento do escritor Xabier P. DoCampo

O programa Diario Cultural da Radio Galega, emitiu unha un programa especial con motivo do pasamento do escitor Xabier P. DoCampo. O espazo pode escoitarse nesta ligazón. Tamén o programa Galicia por Diante, no que Xabier P. DoCampo foi colaborador como conselleiro literario, lembrou a súa figura. O espazo pode escoitarse nesta ligazón. Do mesmo xeito, o programa ZigZag Diario realizou unha reportaxe de homenaxe ao escritor finado.

Unha obra exemplar nestes días nos que o desexo dun mundo mellor parece unha utopía inacadábel: «Lapis na noite», de Ramón Nicolás. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela Lapis na noite, de Ramón Nicolás.   Crítica de «Lapis na noite» (Ramón Nicolás, Xerais)   O ser humano é exemplar en moitos sentidos, tamén nos negativos, pois ningún outro animal mata sitematicamente outros da súa especie. Ramón Nicolás lémbranolo na súa nova novela. Unha novela de esgazaduras e soños.

Pedro Feijoo: «Esta novela é un pouco “tramposa”, como todos os meus traballos. Nada é o que semella; nin sequera é unha ‘road movie’, aínda que o pareza.» Entrevista en Localia Vigo

Localia Vigo emitiu unha entrevista con Pedro Feijoo sobre a novela Sen piedade. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Unha historia escura e opresiva, que fala do amor, a vinganza, a traizón e a morte desde unha forte raizame poética: «A crueldade de abril», de Diego Ameixeiras, no espazo da TVG «Cada día un libro»

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á novela A crueldade de abril, de Diego Ameixeiras. O espazo pode verse nesta ligazón.

Manuel Bragado: «Xabier fixo da súa vida unha viaxe e desta viaxe un relato que compartiu nunha obra esencial para a literatura galega.» Anotación con motivo do pasamento de Xabier P. DoCampo

Manuel Bragado publicou no blog Brétemas e na revista Luzes unha anotación con motivo do pasamento de Xabier P. DoCampo (imaxe: Manuel Bragado – Brétemas).   A viaxe de Xabier   «Todas as viaxes son un regreso. Calquera viaxeiro retorna á casa desde o momento mesmo en que puxo un pé fóra dela. Hai que volver para contar, para facer da viaxe relato.

Pilar Ortega: «Gústanme as historias curtas, tanto como lectora como cando escribo, e nesta novela hai moita acción e moi pouca descrición.» Entrevista en Localia Vigo sobre «Principio de incerteza»

Localia Vigo emitiu unha entrevista con Pilar Ortega sobre a novela Principio de incerteza, premio Ánxel Fole de Narrativa Breve 2017. A entrevista pode verse nesta ligazón.