Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2018

Un texto aberto entre o ensaio autobiográfico e o xornalismo máis vivo: «Maternidade fóra de catálogo», de Marga Tojo. Crítica de Diego Ameixeiras

O escritor Diego Ameixeiras publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o ensaio Maternidade fóra de catálogo, de Marga Tojo. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Emma Pedreira por «Besta do seu sangue», Carlos Negro por «Aplicación instantánea» e Héctor Cajaraville por «Kusuma», premios Xerais 2018

O sábado 2 de xuño anunciouse en Vigo o ditame da XXXV edición do Premio Xerais de Novela, a X edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXIII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotados con cadanseu premio de 10.000 euros.   «Besta do seu sangue» de Emma Pedreira Premio Xerais de Novela 2018 O xurado da XXXV edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.

Presentación en Vigo de “Historias de Vigo” de Jorge Lamas

O venres 8 de xuño, 2018, ás 20:00 horas, na librería Librouro, Eduardo Iglesias, 12, Vigo, terá lugar a presentación do libro Historias de Vigo de Jorge Lamas. No acto participarán Jorge Lamas e Manuel Bragado.

Presentación do ensaio-manifesto «Contra todo isto», de Manuel Rivas, na librería Lume da Coruña. Intervención de Dores Tembrás

A presentación na Coruña do ensaio-manifesto Contra todo isto, de Manuel Rivas, tivo lugar na librería Lume da e nel interviñeron, ademais do autor, Nicanor Acosta, Dores Tembrás e Fran Alonso.

Un libro fragmentario, que é pura transgresión das fronteiras literarias: «Soños. Arquivos. Cartas», de María do Cebreiro. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre o libro de poemas Soños. Arquivos. Cartas, de María do Cebreiro.   Crítica de «Soños. Arquivos.

Un autor que converte cada nova novela súa nun éxito sen renunciar á lingua, aos referentes e aos escenarios propios: «Os fillos do lume», de Pedro Feijoo. Crítica de César Lorenzo Gil en «Biosbardia»

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Os fillos do lume, de Pedro Feijoo.   ‘Os fillos do lume’, un trato xusto Pedro Feixoo é un dos varios escritores en lingua galega que procura superar o nivel medio de vendas en cada unha das súas novelas.

Diego Ameixeiras presenta a súa última novela, «A crueldade de abril», no club de lectura de Neda

O xornal Diario de Ferrol publicou unha información sobre a presentación da novela A crueldade de abril, de Diego Ameixeiras, no club de lectura de Neda. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.