Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2018

Brillantes reflexións sobre as actitudes humanas a través do filtro do humor e do espello dos animais: «Animalia 1. Verde», de Xosé Tomás. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no blog Caderno da Crítica unha recensión do cómic infantil-xuvenil Animalia 1. Verde, de Xosé Tomás.   Animalia 1.

Unha novela de medos que se revelan como o tinteiro no que mollar a pluma para escribir, para contar aquilo que nunca debe esquecerse: «Lapis na noite», de Ramón Nicolás. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou nos periódicos Diario de Pontevedra e El Progreso unha recensión crítica sobre a novela Lapis na noite, de Ramón Nicolás. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en PDF nesta ligazón.

A palabra acada unha nova dimensión para explicar silencios que queren deixar de ser crueis para facer máis auténtico o ser humano: «O que sei do silencio», de Andrea Maceiras. Crítica de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre a novela O que sei do silencio, de Andrea Maceiras, finalista do premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil en 2017.   «O que sei do silencio», de Andrea Maceiras Estiven ata  ben entrada a madrugada para rematar unha historia que me seduciu moito. Non fun quen de abandonala ata que acabei a derradeira liña, a derradeira páxina.

Faleceu Xabier P. DoCampo

O escritor Xabier P. DoCampo faleceu esta noite na Coruña. O cadro de persoal de Xerais quere expresar as súas condolencias pola perda dunha das figuras máis importantes da cultura galega dos nosos días. Botaremos en falta a súa amizade, a súa conversa, as súas apertas e a súa xenerosidade; quédanos a grandeza da súa obra, que nos acompañará sempre. Xabier P. DoCampo naceu en Rábade en 1946.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo 2018

Do xoves 28 de xuño ao sábado 7 de xullo, terá lugar, na Porta do Sol, a Feira do Libro de Vigo 2018 e na que Xerais ten organizados os actos seguintes: Martes  3 de xullo de 2018  19:00 h Contacontos infantil a cargo de Iago López, autor de O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas. Ao remate asinará exemplares do libro. 19:00 h Jorge Lamas asinará exemplares do seu libro Historias de Vigo.

David Rodríguez: «O imperialismo non só segue vivo, senón que imos cara a un mundo no que volven convivir varios imperialismos.» Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública» sobre «O canastro sen tornarratos»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor David Rodríguez arredor do ensaio O canastro sen tornarratos (imaxe: Praza Pública).

Aventuras e aimzade nunha nova entrega da exitosa saga creada por Anxo Fariña: «Os Megatoxos e a batalla de Rande. Crítica de Carmen Ferreira

O xornal El Correo Gallego publicou unha crítica de Carmen Ferreira sobre Os Megatoxos e a batalla de Rande, de Anxo Fariña. A crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Pedro Feijoo: «Eu non escribo para demostrar o que sei, senón para compartir e que haxa diálogo.» Entrevista en «Faro de Vigo» sobre a novela «Sen piedade»

A edición de Pontevedra do xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Ana López co escritor Pedro Feijoo sobre a súa novela Sen piedade. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un convite para reflexionar sobre a sociedade, coas súas grandezas e as súas infindas miserias: «Un home estraño», de Antonio Tizón. Crítica de Armando Requeixo

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre Un home estraño, de Antonio Tizón. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Os animais teñen moitas cousas en común cos humanos.» A libraría Couceiro recomenda a lectura de «Animalia I. Verde», de Xosé Tomás

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animan á lectura do cómic infantil-xuvenil Animalia I. Verde, de Xosé Tomás. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Ramón Nicolás: «O coñecemento do pasado e a restitución da memoria son imprescindibles para formar homes e mulleres libres.» Entrevista en «Faro de Vigo» sobre a novela «Lapis na noite»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao escritor Ramón Nicolás sobre a súa novela Lapis na noite. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Unha novela de aventuras cunha valente protagonista feminina.» O blog Rede Lectura recomenda a obra infantil «Choiva de ras», de Ánxela Loureiro

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda a obra infantil Choiva de ras, de Ánxela Loureiro, ilustrada por Xosé Tomás.