Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2018

Pedro Feijoo: «Nesta novela falo de como as relacións amorosas non coidadas poden rematar en situacións moi duras.» Entrevista no xornal «Faro de Vigo» sobre «Sen piedade»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Ana G. Liste co escritor Pedro Feijoo sobre a súa novela Sen piedade. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«O capitalismo sempre funcionou a golpe de crise, e xusto cando está a piques de desaparecer é cando máis perigoso se volve.» Entrevista en Radiofusión a David Rodríguez sobre «O canastro sen tornarratos»

O club de lectura de Radio Fene escolleu o ensaio O canastro sen tornarratos, de David Rodríguez, e o faladoiro-entrevista arredor do libro emitiuse en Radiofusión. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

O Faro da Escola de «Faro de Vigo» recensiona as obras infantís e xuvenís «Animalia I. Verde» de Xosé Tomás, «O que sei do silencio» de Andrea Maceiras e «O lobo con botas» de El Hematocrítico

O suplemento A Escola do Faro, do Faro de Vigo, recolle senllas recensións de tres das últimas novidades de Xerais para o público infantil e xuvenil: o cómic Animalia I. Verde de Xosé Tomás, a novela xuvenil O que sei do silencio de Andrea Maceiras e a obra infantil O lobo con botas de El Hematocrítico. A información pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Pedro Feijoo: «Nas miñas novelas procuro o entretemento por riba de todo, ofrecerlles aos lectores un xogo no que me acompañen e se sorprendan.» Entrevista sobre «Sen piedade»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Jorge Lamas a Pedro Feijoo sobre a súa novela Sen piedade. A entrevista poden lerse ou descargar en formato PDF nesta ligazón.

Marga Tojo: «Ser nai é un momento único para detectar todos as carencias que ten o sistema, a falta de políticas sociais e de apoio á maternidade.» Entrevista no «Diario Cultural»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista coa xornalista e escritora Marga Tojo sobre o seu ensaio Maternidade fóra de catálogo. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Manuel Gago: «Os nazis que chegaron a Galicia na II Guerra Mundial eran como os mouros: estaban interesados no subsolo, tiñan riquezas inmensas, non se sabía moi ben de onde viñan e eran moi perigosos.»

O programa Chamando á Terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar a Manuel Gago, autor da novela O exército de fume. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

«Unha historia convulsa na que conflúen as ditaduras española e arxentina.» A libraría Couceiro recomenda a lectura de «Lapis na noite», de Ramón Nicolás

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animan á lectura de Lapis na noite, a segunda novela de Ramón Nicolás. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Novidade: «Fóra do normal», de María Reimóndez. Os heroes e as heroínas contemporáneas son aquelas que cambian o mundo só con existir e non ceder á domesticación

Fóra do normal, de María Reimóndez, Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017 e ilustrado por Antonio Seijas, é unha novidade da colección Fóra de Xogo. O lanzamento foi recollido nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa, Diario de Bergantiños e Diario de Ferrol. A información pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Case unha vintena de autoras e autores de Xerais participan na Festa dos Libros de Pontevedra 2018

Os días 22-23 e 24 de xuño, na Praza da Ferrería de Pontevedra terá lugar unha nova edición da Festa dos Libros. Aquí presentamos o programa de actividades de Xerais.       Venres 22 de xuño de 2018 19.00 h Manuel Lourenzo González presenta Ceiba de Luz  conversa con Manuel Bragado. Ao remate asina no Espazo da libraría Paz 20:00 h. Carlos Taboada asina A biblioteca de Pedrarcana no Espazo Lector Nobel 21.

Unha viaxe fragmentaria que serve como pretexto para unha crónica tanto persoal como colectiva: «Galicia en bus», de María Reimóndez. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre o libro de poemas Galicia en bus, de María Reimóndez, premio Johán Carballeira do Concello de Bueu. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «Sen piedade», de Pedro Feijoo. Unha viaxe feroz, a tumba aberta, sen coidado nin precaución, sen tregua e sen límites

Sen piedade, de Pedro Feijoo, é unha novidade da colección Milmanda – Edición Literaria. Podería contar moitas cousas daqueles dous días. Pero supoño que agora o único que importa é que Gordo era o meu mellor amigo, e que eu estaba fodido coma nunca. Porque ela xa non quería saber nada de min. E eu queríaa, maldita sexa, queríaa.

Héctor Cajaraville: «As follas de eucalipto e as saias do cura ocultaron, por igual, a figura formidable de Salvado.» Entrevista de Montse Dopico no diario «Praza Pública» sobre «Nova Nursia»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Héctor Cajaraville arredor da súa última novela, Nova Nursia, e da obra infantil Kusuma, gañadora da última edición do Premio Merlín. Na entrevista tamén se fai referencia a outros títulos deste autor en Xerais: Quen dá a quenda?, A caixiña dos rancores e Once portas.