Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2018

Presentación en Ferrol de “O canastro sen tornarratos” de David Rodríguez

O martes 12 de xuño de 2018, ás 21:00 horas, na Fundación Artábria, Travesa de Batallóns, 7, Esteiro-Ferrol, terá lugar a presentación do libro O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galegade David Rodríguez. No acto, acompañarán ao autor Lupe Ces e Alexandre Carrodeguas.

Xerais na Feira do Libro de Redondela

O venres 8 de xuño, ás 19:00 horas, Fina Casalderrey asinará exemplares das súas obras. O sábado 9 de xuño, ás 19:00 horas, Ledicia Costas asínará exemplares das súas obras.

Iolanda Zúñiga: «Marleen MaLone é un ‘patchwork’ elaborado con retallos da vida de moitas mulleres.»

Os xornais La Opinión e Faro de Vigo publicaron unha entrevista de Lourdes Varela á escritora Iolanda Zúñiga sobre Noites de Safari. A entrevistas poden lerse ou descargarse nesta ligazón (Faro de Vigo) e nestoutra (La Opinión).

Pilar Ortega: «Na novela cuestiónase ata que punto unha mestra debe achegarse a unha alumna dun xeito máis persoal.» Entrevista en «Chamando á Terra» sobre «Principio de incerteza»

O programa Chamando á Terra da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar a Pilar Ortega, autor da novela Principio de incerteza, premio Ánxel Fole de Narrativa Breve 2017. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Un soño feito realidade que non perdurou porque a crueldade e o egoísmo do ser humano non teñen límites: «O trapecista da malla de rombos», de Alberto Canal. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre a novela O trapecista da malla de rombos, de Alberto Canal.

Unha cidade na que a xente non lía, non falaba e non se divertía: «A biblioteca de Pedrarcana», de Carlos Taboada, no espazo «Cada día un libro» da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao libro infantil A biblioteca de Pedrarcana, de Carlos Taboada. O espazo pode verse nesta ligazón.

«Contra todo isto» de Manuel Rivas e «Maternidade fóra de catálogo» de Marga Tojo, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de xuño

O ensaio Contra todo isto, de Manuel Rivas, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de xuño. En terceiro lugar sitúase outro texto ensaístico: Maternidade fóra de catálogo, de Marga Tojo.

A poesía cando é auténtica xorde da alma e do que nos rodea, do corazón e do aire que respiramos, e abofé que este volume así o demostra: «Street Poems», de Fran Alonso. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou nas páxinas dos xornais Faro de Vigo e La Opinión unha recensión crítica sobre o libro de poemas Street Poems, de Fran Alonso. As recensións críticas poden lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón (Faro de Vigo) e nestoutra (La Opinión).

Os Premios Xerais 2018, nos medios e na Rede

              Etiquetas Twitter: #PremiosXerais2018 / #premiosxerais TVG, noticia no Telexornal Noite (02-06-2016): Emma Pedreira, Carlos Negro e Héctor Cajaraville gañan os premios Xerais 2018 Faro de Vigo / La Opinión de A Coruña (03-06-2018): Emma Pedreira, Carlos Negro e Héctor Cajaraville gañan os Premios  Xerais 2018 El Correo Gallego (02-06-2018): Emma Pedreira, Carlos Negro y Héctor C

Poesía, amor, sexo e morte nunha escrita limpa e moi directa: «Corpo», de Antón Lopo, no espazo da TVG «Cada día un libro»

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao libro de poemas Corpo, de Antón Lopo, Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey 2018. O espazo pode verse nesta ligazón.

María Reimóndez: «Todas temos ferramentas para a rebelión do día a día.» Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico á escritora María Reimóndez arredor das novelas En vías de extinción, Dende o conflito, A música dos seres vivos, As cousas que non queremos oír (as catro partes xa publicadas da serie Ciclo dos Elementos), A dúbida e Corredora, todas elas publicadas por Xerais.

Pedro Feijoo: «’Sen piedade’ é unha novela moi bruta, a máis besta que escribín, unha ‘road movie’ ao estilo ‘Thelma e Louise’.»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de María L. Viñas ao escritor Pedro Feijoo con motivo do seu encontro cos clubs de lectura do Círculo das Artes de Lugo. Na conversa, o autor adianta algunha das liñas argumentais da súa novela, Sen piedade, que chegará ás librerías esta mesma semana. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.