Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2018

Manuel Gago: «Unha novela sempre é ficción, pero ás veces as cousas que semellan máis fantásticas son as verídicas e as que parecen verdade non o son.» Entrevista en «Galicia Confidencial»

O diario dixital Galicia Confidencial publicou unha entrevista a Manuel Gago sobre a súa novela O exército de fume (Imaxe: Sole Felloza / Galicia Confidencial). Manuel Gago: «En Galicia semella que non temos heroes, os heroes sempre son doutros lugares» GC fala con Manuel Gago, o autor de “O exército de fume”.

Un libro testemuñal e exemplar para tomar conciencia de que un mundo mellor é posible: «Lapis na noite», de Ramón Nicolás, no espazo «Cada día un libro» da TVG

O programa Cada día un libro da TVG dedicoulle o seu espazo á novela Lapis na noite, de Ramón Nicolás. O programa pode verse nesta ligazón.

Fran Alonso: «Concibo a literatura como exploración, como xeito de experimentación.» Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Fran Alonso, director de Edicións Xerais de Galicia, sobre os libros de poemas Terraza e Street Poems, ademais de Estado de malestar, unha proposta poética desenvolvida a travésa da rede social Twitter (imaxe: Praza Pública).

Unha achega novelística sobre as relacións sentimentais e o contraditorio da condición humana co pano de fondo da invasión napoleónica e coa música como elemento inspirador: «Claro de lúa», de Puri Ameixide. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no blog Caderno da Crítica unha anotación sobre a novela Claro de lúa, de Puri Ameixide.

Unha historia que engancha, consciente do seu destinatario e escrita dende unha posición activa e sensible: «O que sei do silencio», de Andrea Maceiras. Crítica en Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela xuvenil O que sei do silencio, de Andrea Maceiras, finalista do Premio Raíña Lupa 2017. Recensión: Andrea Maceiras, «O que sei do silencio» As historias de Andrea Maceiras sempre son ben recibidas no mercado literario tanto pola súa calidade como polas súas diferentes temáticas dentro do ámbito xuvenil.

Unha conxunción desde o humor entre o mundo da ilustración e unha singular proposta narrativa: «Animalia 1. Verde», de Xosé Tomás, no espazo «Cada día un libro» da TVG

O programa Cada día un libro da TVG dedicoulle o seu espazo ao cómic Animalia 1. Verde, de Xosé Tomás. O programa pode verse nesta ligazón.

Ramón Nicolás: «O trato cotián con adolescentes levoume a pensar o que podería ocorrer con aqueles que, comprometidos cos problemas sociais, se visen abocados á clandestinidade.» Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública» sobre «Lapis na noite»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Ramón Nicolás sobre a novela Lapis na noite (imaxe: Praza Pública).

Xosé Benito Reza: «Esta é unha novela detectivesca, policial, de tensión, de acción…, pero tamén de encontro comigo mesmo.» Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública» sobre «Terradentro»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Xosé Benito Reza sobre Terradentro, premio Losada Diéguez de Creacióm Literaria 2018 (imaxe: Praza Pública).

Unha historia que dá conta da traxedia que supón o abuso sexual sen sequera rozar os tópicos e deixando unha porta aberta á salvación: «Principio de incerteza», de Pilar Ortega. Crítica de Pilar Ponte

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Pilar Ponte sobre a novela Principio de incerteza, de Pilar Ortega, Premio Ánxel Fole de Narración Curta en 2017. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Pedro Feijoo: «Talvez botei demasiado tempo mirando para fóra, preocupado polo discurso da historia, da identidade, da memoria…, e esquecín mirar un pouco cara a dentro.» Entrevista en «Diario Cultural» sobre «Sen piedade»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista ao escritor Pedro Feijoo sobre a súa novela Sen piedade. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón (a partir do minuto 29:00).

Unha investigación entre a intriga e a recuperación da memoria que nos somerxe na Coruña dos anos 70: «Fálame do silencio», de Pablo L. Orosa. Crítica en Radio Coruña – Cadena SER

A emisora da Cadena SER na Coruña emitiu unha recensión sobre a novela Fálame do silencio, de Pablo L. Orosa. A recensión pode escoitarse nesta ligazón (a partir do minuto 6:30).

Comprometerse coas causas xustas supón peaxes moi altas, pero a única que non debemos estar dispostos a pagar é a da nosa propia memoria: «Lapis na noite», de Ramón Nicolás. Crítica de Diana Pastoriza

O blog Palabras de man ao corazón, de Diana Pastoriza, publicou unha recensión sobre Lapis na noite, de Ramón Nicolás. Words in books: Lapis na noite Hai pouco máis de dous anos falábavos nesta entrada d’O espello do mundo (2016) e hoxe é con pracer que falamos de Lapis na noite (2018) de Ramón Nicolás. Ambientado entre o presente e 1976 e 1983, durante o “Proceso” arxentino que segou unhas 30.