Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2018

Textos que retan o lector-espectador a mirar de novo e buscar a outra dimensión da imaxe á que acompañan: «Street Poems», de Fran Alonso. Crítica na revista «CLIJ»

A revista CLIJ (Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil) publicou unha recensión de María Jesús Fernández sobre o libro de poemas Street Poems, de Fran Alonso. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un emotivo relato cun pé na ficción e outro no material histórico, concibido para activar os mecanismos da memoria política: «Lapis na noite», de Ramón Nicolás. Crítica de Diego Ameixeiras

O crítico e escritor Diego Ameixeiras publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión sobre a novela Lapis na noite, de Ramón Nicolás. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Gago consegue que dubidemos de que canto lemos fose real ou non, sabendo que estamos ante unha ficción engaiolante: «O exército de fume», de Manuel Gago. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre a novela O exército de fume, de Manuel Gago. O exército de fume Estaba eu en plena crise lectora cando chegou Un exército de fume para me salvar. Pásame decote: remato tan cansa o curso que nin ganas de ler teño. Pero aquí está Xerais, publicando a nova novela de Manuel Gago, para lembrame que xa vai mediado xullo e xa son quen de volver á miña afección máis prezada.

Unha historia salvaxe construída a partir de tres paixóns: amor, vinganza e odio, ben mesturadas na procura dunha catarse. «A crueldade de abril», de Diego Ameixeiras. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión sobre a novela A crueldade de abril, de Diego Ameixeiras. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A mellor novela dun autor que converte a literatura nun fío de encontro, nunha ferramenta para engadir lectores a un sistema que non está sobrado deles: «Sen piedade», de Pedro Feijoo. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no diario El Progreso unha recensión crítica sobre a novela Sen piedade, de Pedro Feijoo. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en PDF nesta ligazón.

Un día Sara, unha nena de oito anos, atopa un tareco. Pero… que é un tareco? E que ten de especial o tareco de Sara?: «Sara ten un segredo», de Ramón Caride, no programa «Cada día un libro»

O programa Cada día un libro da TVG dedicoulle o seu espazo ao libro infantil Sara ten un segredo, de Ramón Caride, ilustrado por María Lires. O programa pode verse nesta ligazón.

Un traballo exquisito de investigación histórica contrastada que se aproxima aos feitos cun respecto que se pode sentir en cada páxina: «Lapis na noite», de Ramón Nicolás. Crítica de Luz Darriba

O blog Navegarespreciso publicou unha recensión crítica de Luz Darriba sobre a novela Lapis na noite, de Ramón Nicolás. Os lapis debuxan sobre o mar Lucía, a transmisora das voces baixas da intrahistoria, das voces dos vencidos, de familias desfeitas por dous golpes de Estado, activa o funcionamento do aparello que codifica a memoria. Daquela todo volve ter sentido.

Manuel Gago: «Hai momentos históricos en que resulta moi difícil distinguir a realidade da ficción.» Información en Nós TV sobre a novela «O exército de fume»

Nós Televisión emitiu unha información sobre a novela de Manuel Gago O exército de fume. A información pode verse nesta ligazón. . . . . Lenda, ficción e dúas “guerras ocultas” na última novela de Manuel Gago O escritor presenta ‘O exército de fume’, un relato ficticio cun “guiño” á memoria histórica Adentrámonos na década de 1940.

Lemos isto e percórrenos un fulgurante arrepío, todo o volume está cheo de incendios verbais de irradiación infinita: «Soños. Arquivos. Cartas», de María do Cebreiro. Crítica de Román Raña

O suplemento Faro da Cultura do xornal Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o libro de poemas Soños. Arquivos. Cartas, de María do Cebreiro. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Unha viaxe cuántica onde os tempos se mesturan e o pasado só é repensable cando se interpreta desde o futuro.» Texto de María Xosé Porteiro para a presentación de «Lapis na noite», de Ramón Nicolás

A xornalista María Xosé Porteiro participou na presentación en Vigo da novela Lapis na noite, de Ramón Nicolás, co texto que reproducimos a continuación. Boas tardes, camiño dunha curta noite de verán. Nesta hora temos aínda dúas ou tres de lusco fusco, pero sabemos que ela vai chegar, inexorable. Solitaria: porque poucos actos temos tan íntimos coma o xeito en que pasamos ese tempo onde reinan as sombras.

Manuel Gago: «O gran público aínda descoñece a relación entre Galicia e a II Guerra Mundial, por iso seguen aparecendo obxectos, datos e historias.» Entrevista a Manuel Gago no «Galicia por Diante»

O programa da Radio Galega Galicia por Diante emitiu unha entrevista co escritor Manuel Gago con motivo do achado dun submarino alemán da II Guerra Mundial afundido fronte á Estaca de Bares, un episodio que se recrea na súa última novela, O exército de fume. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

O xornalista Perfecto Conde publica un libro de conversas inéditas con Francisco Fernández del Riego

O xornal Sermos Galiza publicou unha información de Daniel Salgado sobre Conversas con Paco del Riego, do xornalista Perfecto Conde (Imaxe: Sermos Galiza -De esq. a der., Álvaro Cunqueiro, Francisco Fdez. del Riego e Ricardo Carvalho Calero, en Compostela na década de 1930-).