Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2018

Unha análise sobre as dificultades, a precariedade e a ausencia de axudas durante o proceso de crianza: «Maternidade fóra de catálogo», de Marga Tojo, no espazo da TVG «Cada día un libro»

O programa Cada día un libro da TVG dedicoulle o seu espazo ao ensaio Maternidade fóra de catálogo, de Marga Tojo. O programa pode verse nesta ligazón.

Iolanda Zúñiga: «Marleen cre estar empoderada, pero os seus tropezos din o contrario. Ela tamén leva incrustado nas carnes o machismo.» Entrevista no blog Palabra de Gatsby sobre «Noites de safari»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez a Iolanda Zúñiga sobre a súa última novela, Noites de Safari, publicada baixo o pseudónimo de Marleen MaLone.

Novidade: «Conversas con Paco del Riego», de Perfecto Conde. Un verdadeiro testamento cultural e político do que pensaba e do que representou don Paco del Riego ao longo da súa vida

Conversas con Paco del Riego, de Perfecto Conde, é unha novidade da colección Crónica-Conversas. O 10 de abril de 2008, cando contaba xa 95 anos, Francisco Fernández del Riego e Perfecto Conde Muruais sentan diante dun magnetófono co propósito de falar libremente de todo o que se lles fose ocorrendo.

Booktráiler da novela «Lapis na noite», de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no seu blog, Caderno da Crítica, o booktráiler da novela Lapis na noite, da que é autor.

A sección Elos de Lectura do xornal «El Correo Gallego» recensiona as obras infantís e xuvenís «Street Poems» de Fran Alonso, «Pioneiras» de Anaír Rodríguez e «O ladrón de soños» de Sabela Fernández-Trelles

                    A sección Elos de Lectura do xornal El Correo Gallego recensiona as obras infantís Street Poems de Fran Alonso, Pioneiras de Anaír Rodríguez e O ladrón de soños de Sabela Fernández-Trelles. A recensión poden lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «Fálame do silencio», de Pablo L. Orosa. Unha viaxe interior, unha historia na procura de respostas de quen aprende a ler nas olladas

Fálame do silencio, de Pablo L. Orosa, é unha novidade da colección Narrativa. Cinco anos despois da morte de Daniel Gluckmann, o xornalista Samuel Eirís recibe un encargo póstumo: completar a súa historia. Unha petición que o arrastrará de volta á Galicia actual e á Coruña do ano 1977. Un regreso a un país que deixaba atrás a ditadura, mais tamén ao momento exacto en que mudan as conciencias.

Unha historia construída sobre os alicerces do respecto e da asunción da diversidade como eixes arredor do que debe xirar a propia vida: «Fóra do normal», de María Reimóndez. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no blog Caderno da Crítica unha anotación sobre a novela xuvenil Fóra do normal, de María Reimóndez, Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017.

Anaír Rodríguez: «Temos moitas débedas pendentes e unha é a recuperación da memoria histórica das mulleres.» Entrevista en «La Voz de Galicia» sobre «Pioneiras. Galegas que abriron camiño»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Ana Abelenda a Anaír Rodríguez, autora da obra infantil Pioneiras. Galegas que abriron camiño, ilustrado por Nuria Díaz. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha novela na que paira entre as vidas truncadas polo franquismo e a mocidade que combateu por un mundo mellor ante a represión da ditadura arxentina: «Lapis na noite», de Ramón Nicolás. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión sobre a novela Lapis na noite, de Ramón Nicolás. Lapis na noite Falar de Ramón Nicolás é falar de literatura galega contemporánea. Nada máis lonxe da realidade, pois cando a blogosfera aínda era un mundo a explorar, el creou o seu Caderno da crítica e comezou a verquer nel todas as reflexións e comentarios xurdidos dos libros galegos que se ían publicando na nosa comunidade.

«Ficción orientada á recuperación dunha identidade galega esquecida ou agochada, nun concienciudo labor de construción de memoria.» Anotación de Manuel Bragado sobre a presentación en Santiago de «O exército de fume», de Manuel Gago

Manuel Bragado publicou no blog Brétemas unha anotación sobre a presentación en Santiago da novela O exército de fume, de Manuel Gago (Imaxe: bretemas.gal)   «O exército de fume» de Manuel Gago, presentación en Compostela Presentación memorable a de onte en Cronopios na que estreamos en Compostela O exército de fume, a segunda novela de Manuel Gago.

Novidade: «Claro de lúa», de Puri Ameixide. Unha homenaxe ás grandes novelas decimonónicas escrita cunha boa dose de amor e humor

Claro de lúa, de Puri Ameixide, é unha novidade da colección Narrativa. A comezos do século XIX, a vida transcorre lentamente na vila mariñeira da Guarda. Rosa, unha rapaza orfa e pobre, ve morrer a anciá señora á que coidaba e sente que todo o seu mundo se derruba.

Pedro Feijoo: «Esta novela non é o que semella nun principio, ten moitas capas que hai que ir descubrindo.» Entrevista en «Atlántico Diario» sobre «Sen piedade»

O xornal Atlántico Diario publicou unha entrevista de Ana Baena ao escritor Pedro Feijoo sobre a súa novela Sen piedade. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.