Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2018

Manuel Gago: «A época que se recrea na novela está moi presente no Barbanza en xeral, e en particular nos recordos da miña familia.» Entrevista en «Sermos Galiza» sobre «O exército de fume»

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de Daniel Salgado ao escritor Manuel Gago sobre o seu libro O exército de fume (Imaxe: Sole Felloza).

Un modo orixinal de achegarse a un tema tan duro como o ‘bullying’ a través do testemuño dunha acosadora pasiva: «O que sei do silencio», de Andrea Maceiras. Recensión en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre a obra xuvenil O que sei do silencio, de Andrea Maceiras, finalista do Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2017. O que sei do silencio Escribe Andrea Maceiras unha novela altamente recomendable: O que sei do silencio publicada por Xerais.

Un autor que sabe visualizar a paisaxe urbana e facer dela dinamita para os sentidos: «Terraza», de Fran Alonso. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión sobre o libro de poemas Terraza, de Fran Alonso. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A escritora María Xosé Queizán, galardoada na XXIV edición dos premios Lois Peña Novo

O diario Diario de Pontevedra publica unha información sobre a entrega á escritora María Xosé Queizán dun dos galardóns da XXIV edición do premio Lois Peña Novo. Tamén o xornal Galicia Confidencial publicou unha entrevista da axencia Europa Press que se pode ler nesta ligazón  (Imaxe: Christian Fernández / Diario de Pontevedra).

Baixo a aparencia de novela histórica subxace un factor esencial, a resiliencia no contexto da loucura aniquiladora da ditadura arxentina: «Lapis na noite», de Ramón Nicolás. Recensión de Henrique Dacosta

O profesor e escritor Henrique Dacosta publicou no suplemento Nordesía do Diario de Ferrol unha recensión crítica sobre a novela Lapis na noite, de Ramón Nicolás. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Santiago de “O exército de fume” de Manuel Gago

O xoves, 5 de xullo, 2018, ás 20,00 horas, na Librería Cronopios, rúa Alfredo Brañas, 24, Santiago, terá lugar a presentación da novela O exército de fume de Manuel Gago.

«Máis alá da súa extraordinaria figura literaria e do seu compromiso coa cultura e a lingua, foi un activista de todas as causas da nosa dignidade.» Artigo de Manuel Bragado con motivo do pasamento de Xabier P. DoCampo

Manuel Bragado publicou no blog Brétemas e no xornal Sermos Galiza un artigo con motivo do pasamento de Xabier P. DoCampo.   Xabier, o fillo de Raimundo e Teresa   «Son fillo de Raimundo de Granda, o muiñeiro de Castro, que enfiaba sucedidos como quen fai un colar de zonchos. Deume moitas cousas na vida que compartimos, pero quero traer aquí dúas que se relacionan co meu oficio da escrita.

Unha aventura trepidante protagonizada por animais, chea de música e humor, que afonda nos valores da amizade, a solidariedade e o respecto: «Choiva de ras», de Ánxela Loureiro

Os xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños publicaron unha información sobre Choiva de ras, de Ánxela Loureiro, ilustrado por Xosé Tomás. A información pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ramón Nicolás: «É no pasado onde reside a memoria; por iso entendo ese pasado, afastado ou próximo, como unha maneira de coñecernos a nós mesmos.» Entrevista en «La Voz de Galicia» sobre a novela «Lapis na noite»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Xesús Fraga a Ramón Nicolás sobre a súa novela Lapis na noite.

Pedro Feijoo: «Esta novela é unha historia de amor, pero non porque fale de amor ten que ser unha historia bonita ou amable.» Reportaxe en «ZigZag Diario» sobre «Sen piedade»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha reportaxe sobre a novela Sen piedade, de Pedro Feijoo. A reportaxe pode verse nesta ligazón.

O papel da escritura debe ter presente a apelación á necesidade de derrotar o cinismo, a indiferenza e a covardía: «Contra todo isto», de Manuel Rivas. Artigo de Xoán Carlos Domínguez Alberte

Sermos Galiza publicou un artigo de Xoán Carlos Domínguez Alberte sobre a o ensaio-manifesto Contra todo isto, de Manuel Rivas. Contra todo isto Nunha carta, de 1872, escribíalle Gustave Flaubert a Iván Turguéniev: “Sempre procurei vivir na miña torre de marfil, pero unha marea de merda bate os seus muros até o punto de derrubala”.

«Esta feira debe ser o xermolo para o gran festival literario internacional que Vigo precisa» Pregón inaugural da Feira do Libro de Vigo a cargo de Manuel Bragado

Manuel Bragado publicou no blog Brétemas o pregón que leu con motivo da inauguración da Feira do Libro de Vigo (Imaxe: bretemas.gal)   Pregón da Feira do Libro de Vigo  Dedico estas palabras ao mestre Xabier Docampo, que fixo da vida relato e reclamou dignidade para o libro galego .