Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2018

Moito máis que unha novela sobre un mozo ‘trans’, unha historia de amizade, superación e autoafirmación: «Fóra do normal», de María Reimóndez. Crítica de Montse Pena Presas en «Chamando á Terra»

O programa Chamando á Terra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Montse Pena Presas sobre Fóra do normal, de María Reimóndez, ilustrado por Antonio Seijas, Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017. A opinión crítica pode escoitarse nesta ligazón (a partir do minuto 28.30).

Xosé Benito Reza: «Esta obra é a miña homenaxe ás persoas que viviron a posguerra, porque nos axudaron aos que chegamos despois a enfrontar o novo mundo que viña.» Reportaxe en «ZigZag Diario» sobre «Terradentro»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha reportaxe sobre a novela Terradentro, de Xosé Benito Reza, Premio Losada Diéguez de Creación Literaria 2018. A reportaxe pode verse nesta ligazón.

Novidade: «Fariña», de Nacho Carretero. O retrato minucioso dunha paisaxe criminal con frecuencia infravalorada

Fariña, de Nacho Carretero, é unha novidade da colección Crónica (Xornalismo). Nunca Galicia comercializou un produto con tanto éxito. Aínda que agora semelle un pesadelo afastado, na década de 1990 o oitenta por cento da cocaína desembarcaba en Europa polas costas galegas.

Ramón Nicolás: «A idea desta novela xorde en parte do contacto cotián coa adolescencia a través do meu traballo como docente de secundaria.» Entrevista no «Diario Cultural» sobre «Lapis na noite»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor e crítico literario Ramón Nicolás sobre a sua novela Lapis na noite. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.