Menu Xerais

Arquivo mensual: Agosto 2018

Unha reflexión a través do humor sobre a nosa forma de ver os animais e de relacionarnos con eles: «Animalia 1. Verde.», de Xosé Tomás. Crítica en «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha crítica de Kenya Pineda sobre Animalia 1. Verde, de Xosé Tomás. A crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ramón Nicolás: «Hai que trasladar a memoria cara ao presente para coñecer as circunstancias que nos trouxeron acó.» Entrevista no programa «A Tarde» da Radio Galega sobre «Lapis na noite»

O programa A Tarde da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor e crítico literario Ramón Nicolás sobre a sua novela Lapis na noite. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Andrea Maceiras: «As redes sociais amplifican un problema, o do acoso escolar, que antes quedaba só nos centros.» Entrevista no blog Palabra de Gatsby sobre «O que sei do silencio»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez a Andrea Maceiras sobre a novela O que sei do silencio, finalista do Premio Raíña Lupa 2017. Andrea Maceiras: “O acoso é un problema global que non afecta só a acosador e vítima, senón a toda unha comunidade” Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) é licenciada en Filoloxía Galega e Hispánica.

Incorporar a poesía ás clases de xeoloxía, antropoloxía, botánica, zooloxía… e moito máis: «Tierra», de Xurxo Mariño. Recensión no portal Hablando de Ciencia

O portal Hablando de Ciencia publicou unha recensión sobre o libro Tierra, de Xurxo Mariño, do que Xerais editou tamén a versión en galego (Terra).

Un volume profundo, para reflexionar, para reencontrar o cordón umbilical que alimentou o viacrucis entre a Arxentina e Galiza: «Lapis na noite», de Ramón Nicolás. Artigo de Mercedes Queixas

Mercedes Queixas publica en Sermos Galiza un artigo sobre a novela Lapis na noite, de Ramón Nicolás.

Pedro Feijoo: «Esta é a miña novela máis persoal, máis íntima. As outras son novelas que se disfrazan.» Entrevista en «Sermos Galiza» sobre «Sen piedade»

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de Daniel Salgado ao escritor Pedro Feijoo sobre o seu libro Sen piedade (Imaxe: Yagoray – Sermos Galiza).   PEDRO FEIJOO, ESCRITOR “Estou canso de recibir paus por poñer decenas de milleiros de lectores na mesa” Pedro Feijoo (Vigo, 1975) apareceu practicamente da nada coa súa primeira novela, Os fillos do mar (Xerais, 2012).

Pablo L. Orosa: «Esta é a historia dunha conversa que nunca chega a producirse, un diálogo a través do silencio e da memoria.» Entrevista en Onda Cero sobre «Fálame do silencio»

O programa A Coruña na Onda de Onda Cero A Coruña emitiu unha entrevista co xornalista e escritor Pablo L. Orosa sobre a súa primeira novela, Fálame do silencio. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón (a partir do minuto 45.15).

Amor pola literatura, pola cultura, pola historia e pola xustiza: «Lapis na noite», de Ramón Nicolás. Recensión no blog A Raíña das Formigas

O blog A raíña das formigas publicou unha recensión de María Besteiros sobre a novela Lapis na noite, de Ramón Nicolás.   ‘Lapis na noite’, de Ramón Nicolás: inxustiza e dignidade Eu, que uso a escrita como autoterapia, ía lendo, confundida, polas páxinas adiante do Lapis na noite. Parecíame estar ante un documental histórico e non podía esquecer unha outra longa noite de pedra. Literatura social.

Manuel Gago: «Creo que o proceso de recuperación da memoria histórica apenas comezou aínda.» Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública» sobre «O exército de fume»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Manuel Gago sobre a súa novela O exército de fume (imaxe: Sole Felloza – Praza Pública). Manuel Gago: “Heroes non temos, pero mártires, unha chea deles.

Unha novela ambiciosa, de arquitectura sólida, que convida a ir recompoñendo as súas pezas: «Fálame do silencio», de Pablo L. Orosa. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no xornal La Voz de Galicia e no blog Caderno da Crítica unha anotación sobre a novela Fálame do silencio, de Pablo L. Orosa.   Fálame do silencio, de Pablo L. Orosa Fálame do silencio, estrea narrativa do xornalista Pablo L.

Pablo L. Orosa: «Aquí tamén temos xente marabillosa e con vidas tremendamente interesantes para converter as súas historias nunha novela.» Entrevista no «Diario Cultural» sobre «Fálame do silencio»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co xornalista e escritor Pablo L. Orosa sobre a súa primeira novela, Fálame do silencio. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

«Á busca das claves para entender as razóns de tanta memoria nesta novela.» Anotación de Ramón Nicolás no blog Caderno da Crítica sobre a presentación na Feira do Libro da Coruña de «Lapis na noite»

O crítico Ramón Nicolás publicou no blog Caderno da Crítica unha anotación sobre a presentación da súa novela Lapis na noite na Feira do Libro da Coruña.   Luz de agosto, na Coruña, para Lapis na noite Hai un par de anos titulaba un apuntamento neste blog de xeito semellante logo da presentación na Feira do Libro da Coruña d´O espello do mundo.