Menu Xerais

Arquivo mensual: Agosto 2018

O regreso á actualidade dunha das personalidades claves do século XIX, que aínda permanece inxustamente esquecida: «Nova Nursia», de Héctor Cajaraville. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela Nova Nursia, de Héctor Cajaraville.   Crítica de «Nova Nursia» (Héctor Cajaraville, Xerais)   Hai figuras que trascenden a súa epoca, ou que se di que viven adiantados á súa época. O nome de frei Rosendo Salvado é un deses.

Unha novela que invoca o fin terapéutico da literatura e na que se interroga sobre a posibilidade de curar as feridas coa palabra: «Lapis na noite», de Ramón Nicolás. Artigo de Xosé Carlos Domínguez Alberte en «Sermos Galiza»

Sermos Galiza publicou un artigo de Xoán Carlos Domínguez Alberte sobre a novela Lapis na noite, de Ramón Nicolás. Lapis na noite   Na súa segunda entrega narrativa, Ramón Nicolás enxerga con habilidade a represión propiciada pola ditadura arxentina, a inicios do derradeiro cuarto do século XX. E, nun fluír perverso da historia, mesmo chega a vencellala coa tentativa de fuxida da barbarie exercida aquí polo franquismo.

Ninguén interesado en saber o que foi a historia da literatura e a cultura galega do pasado século pode deixar de ler estas páxinas: «Conversas con Paco del Riego», de Perfecto Conde. Crítica de Armando Requeixo

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre Conversas con Paco del Riego, de Perfecto Conde.

Agarimosas páxinas nas que non todo é o que parece e que buscan transmitir os valores da igualdade e a solidariedade: «O ladrón de soños», de Sabela Fernández Trelles, no espazo «Cada día un libro» da TVG

O programa Cada día un libro da TVG dedicoulle o seu espazo ao álbum infantil O ladrón de soños, de Sabela Fernández Trelles, ilustrado por Alicia Suárez. O programa pode verse nesta ligazón.

A novela «Arnoia, Arnoia», de Xosé Luís Méndez Ferrín, converterase en videoxogo

A Deputación Provincial de Ourense apoia o proxecto de creación dun videoxogo a partir da novela Arnoia, Arnoia, de Xosé Luís Méndez Ferrín, no que toman parte tamén o Concello de Celanova, Imaxin Software e a Escola de Telecomunicacións da UVigo. Reprodúcese a continuación a nota de prensa emitida pola Deputación ourensá.

Manuel Gago: «A novela é un formato magnífico para divulgar feitos esquecidos ou pouco coñecidos da nosa historia.» Entrevista-faladoiro en Radiofusión sobre «O exército de fume»

O club de lectura de Radio Fene escolleu a novela O exército de fume, de Manuel Gago, e o faladoiro-entrevista arredor do libro emitiuse en Radiofusión. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Pablo L. Orosa: «Foi nun traxecto en autobús por Laos onde lle atopei sentido ao que quería contar nesta novela.» Entrevista no blog Palabra de Gatsby sobre «Fálame do silencio»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez a Pablo L. Orosa sobre a novela Fálame do silencio. Pablo L. Orosa: «A miña idea era escribir unha historia sobre a periferia das conciencias, sobre iso que se rompe cando tomamos decisións que sabemos que terán consecuencias.» Pablo L. Orosa (Oza dos Ríos, A Coruña, 1985) é xornalista.

As memorias dun home ao que lle cabía Galicia na cabeza: «Conversas con Paco del Riego», de Perfecto Conde. Artigo de Jaureguizar

O xornal dixital Galiciaé publicou un artigo de Jaureguizar sobre Conversas con Paco del Riego, de Perfecto Conde.   Os cinco disparos de Paco del Riego Perfecto Conde publica unha entrevista fascinante con Francisco del Riego. O libro traza unha xenealoxía moral sobre a traizón e o perdón na cultura galega.

Programa de Xerais na Feira do Libro da Coruña 2018

Do 1 ao 10 de agosto de 2018 terá lugar, nos Xardíns de Méndez Núñez, unha nova edición da Feira do Libro da Coruña e na que Xerais ten programados os seguintes actos: Mércores 1 de agosto de 2018 19:00 h. Presentación de O exército de fume de Manuel Gago en conversa con Manuel Bragado Xoves 2 de agosto de 2018 19:45 h.

Camiños literarios que nos levan por espazos vencellados ao suspense, ao romanticismo e á descuberta da memoria colectiva, e que non deixan a ninguén indiferente: «Fálame do silencio», de Pablo L. Orosa. Crítica de Ramón Rozas

O xornal dixital Galiciaé publicou unha recensión de Ramón Rozas sobre a novela Fálame do silencio de Pablo L. Orosa. Os silencios do tempo Fálame do silencio, escrito polo xornalista Pablo L. Orosa, convértese nun abraiante debut no terreo literario que nos enfronta á descuberta do pasado, así como o propio descubrimento interior de quen fai dese pasado unha necesidade para coñecerse a si mesmo.

Unha novela que se pode entender como un docudrama, a medio camiño entre a ficción (pouca) e a realidade (moita): «Lapis na noite», de Ramón Nicolás. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou no suplemento Nordesía do Diario de Ferrol unha recensión sobre a novela Lapis na noite, de Ramón Nicolás.