Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2018

Unha trama vizosa que atrapa ao lector case sen que este se dea conta. Anotación de Pedro Feijóo sobre: «O meu nome é ninguén», de Manuel Esteban.

O escritor Pedro Feijóo publicou no seu blog Un Consentido Común unha anotación sobre a novela: O meu nome é ninguén, de Manuel Esteban.   O meu nome é ninguén, de Manuel Esteban Xerais é unha gran familia.

A Deputación de Pontevedra homenaxea a Manuel Bragado polos seus 30 anos á fronte da Editorial Xerais. Noticia no «Diario de Pontevedra»

A Deputación de Pontevedra homenaxeou ao editor galego Manuel Bragado polos seus 30 anos á fronte de Edicións Xerais de Galicia. A homenaxe transcorreu durante a gala: «Unha lingua de premio», celebrada no Pazo Provincial e presentada pola escritora Ledicia Costas. A noticia foi publicada polo Diario de Pontevedra e pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ramón Nicolás: “É no pasado onde reside a memoria”. Noticia en «La Voz de Vigo» sobre a presentación do seu libro, «Lapis na noite»

O suplemento La Voz de Vigo do xornal La Voz de Galicia publicou unha noticia sobre a presentación en Vigo do libro: Lapis na noite, de Ramón Nicolás. A presentación tivo lugar na librería Cartabón desta cidade o día 26 de setembro de 2018 A noticia pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha novela tecida cos fíos de historias moi diferentes. «Tártarus», de Antonio Manuel Fraga. Crítica na revista on line «El templo de las mil puertas»

A revista on-line de literatura infantil e xuvenil «El templo de las mil puertas» vén de publicar unha recensión sobre a novela: Tártarus, de Antonio Manuel Fraga   Crítica de «Tártarus» (Antonio Manuel Fraga, Xerais)   La ciudad de Audierna está dividida entre ricos (güedos) y pobres (mallumás), dos comunidades separadas no solo geográficamente, sino también por el odio y la discriminación.

Presentación en Vigo de “O meu nome é Ninguén” de Manuel Esteban

O venres 5 de outubro ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro O meu nome é Ninguén de Manuel Esteban. O autor estará acompañado por Ledicia Costas e Manuel Bragado.

Reflexións desesperadas que ao lector lle chegan moi dentro. «O meu nome é Ninguén», de Manuel Esteban. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela O meu nome é Ninguén, de Manuel Esteban.   Crítica de «O meu nome é Ninguén» (Manuel Esteban, Xerais)     O bicho prendeu. Adoita acontecer.

«Escarlatina, a cociñeira defunta», fala coreano. Noticia no «Sermos Galiza» sobre a publicación en coreano do libro de Ledicia Costas

O xornal Sermos Galiza publicou unha información sobre a publicación en coreano do libro: Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, ilustrado por Víctor Rivas. O libro vén de ser publicado pola editorial Pink Whale e a traducción é de Jeongha Kim.

Unha novela que enche un oco baleiro na literatura: «Lapis na noite», de Ramón Nicolás. Crítica de David González no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela Lapis na noite, de Ramón Nicolás. Recensión: Ramón Nicolás, «Lapis na noite»   Ramón Nicolás volve con Lapis na noite, un libro que amosa un nivel de madurez narrativa moito máis alto en relación co seu primeiro libro e co que xa comeza a asentarse como creador dentro do sistema literario galego.

«Non o saben as estrelas»: Unha novela cosida a base de retallos narrativos. Crítica de Armando Requeixo no «Diario Cultural»

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica da novela: Non o saben as estrelas, de Diego Alfonsín, gañadora do XXIV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, concretamente nos minutos 20´45 a 23´00.

Ledicia Costas: «No fondo desta historia está a loita máis antiga que existe, que é a loita entre as forzas do ben e as forzas do mal ». Entrevista no «Diario Cultural» sobre: «A balada dos unicornios»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista á escritora Ledicia Costas sobre o seu libro: A balada dos Unicornios, ilustrado por Mónica Armiño e gañador do Premio Lazarillo 2017. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Unhas páxinas máxicas cheas de elementos disparatados: «A balada dos unicornios», de Ledicia Costas. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: A balada dos unicornios, de Ledicia Costas, ilustrado por Mónica Armiño. A balada dos unicornios Estes días coñecín -ou recoñecín- a Jack el destripador. Si, unha novela de alento xuvenil transportoume ao Londres vitoriano cos seus crimes máis sanguentos. Sen concesións. Abraiante, ou non? Foi unha sorpresa esta lectura.

Unha novela chea de sombras e poboada de perdedores e fracasados: «O meu nome é ninguén», de Manuel Esteban. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre a novela: O meu nome é ninguén, de Manuel Esteban.