Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2018

Presentación na Coruña de “Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza” de Pepe Barro

O xoves 8 de novembro de 2018, ás 19:30 horas, na librería Lume, rúa Fernando Macías, 3, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza de Pepe Barro. No acto participarán Suso de Toro e Pepe Barro.

Un libro que produce un efecto incrible na nosa sociedade. «Fariña», de Nacho Carretero. Anotación no «Sermos Galiza»

O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación do filólogo ponteareán Fernando Groba sobre o libro: Fariña, de Nacho Carretero. O libro está editado por Xerais na colección Crónica.

Manuel Rivas: «O narcotráfico non deixa de ser unha forma de neocapitalismo levado ao extremo». Entrevista no «Diario Cultural» sobre: «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste»

O programa Diario Cultural  da Radio Galega emitiu unha entrevista ao escritor Manuel Rivas sobre o seu libro: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, editado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Pepe Barro: «Consumimos as imaxes coma quen respira, sen ser conscientes» Entrevista en La Voz de Santiago sobre: «Máis que ver. Cen historias de deseño na Galiza»

O xornal La Voz de Galicia publicou no seu suplemento La Voz de Santiago unha entrevista de P. Calveiro ao deseñador gráfico Pepe Barro sobre o libro: Máis que ver. Cen historias de deseño na Galiza. O libro está publicado por Xerais na colección Ensaio. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A crónica dunha experiencia brutal e decisiva. «Michigan/Acaso Michigan», de Antón Reixa. Anotación no «Sermos Galiza»

O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación sobre o libro: Michigan / Acaso Michigan, de Antón Reixa. O libro está editado por Xerais na colección Edicións Singulares.   «Michigan/Acaso Michigan» O 27 de outubro de 2016 a vida de Antón Reixa partiu en dous. Quedou durmido mentres conducía en dirección Madrid, saíu da estrada e a violenta colisión desembocou en 18 días de coma inducido.

Tres relatos sobre o narcotráfico e como este acaba por se apropiar das comunidades. Noticia no «Sermos Galiza» sobre: «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste», de Manuel Rivas

O xornal Sermos Galiza publicou unha información sobre a publicación do libro: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas. O libro está editado por Xerais na colección Narrativa.   «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste» De tres relatos longos componse o novo libro de Manuel Rivas, Vivir sen permiso e outras historias de Oeste.

Iria Misa: «Esta historia trata de romper coa división por xéneros que temos preconcebida» Entrevista no Faro de Vigo sobre a novela infantil: «Mamá, quero ser Ziggy Stardust»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Neli Pillado á escritora Iria Misa sobre a novela infantil: Mamá, quero ser Ziggy Stardust, ilustrada por Alba Barreiro. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Sopa de Libros. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha suxestiva fusión entre oralidade, cultura libresca e mitoloxía: «A gran travesía de Chiruca Macallás», de Xurxo Souto. Crítica de Ramón Nicolás no suplemento Fugas

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre a novela: A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Pepe Barro: «Unha das funcións deste libro é comunicar que hai fitos que teñen importancia e non se lles dá» Entrevista no «Sermos Galiza» sobre «Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza»

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de M. Obelleiro ao deseñador gráfico Pepe Barro sobre o seu libro Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza (Imaxe: Xoán Piñón – Sermos Galiza).

Presentación en Santiago de “A balada dos unicornios” de Ledicia Costas

O mércores 7 de novembro de 2018 ás 20:00 horas en NUMAX, Concepción Areal, 9, Santiago, terá lugar a presentación do libro A balada dos unicornios de Ledicia Costas, Premio Lazarillo 2017. No acto participarán Montse Pena Presas, Fran Alonso e Ledicia Costas.

Presentación na Coruña de “O puño e a letra” de Yolanda Castaño

O martes 6 de novembro de 2018 ás 19:30 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a presentación do libro O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético de Yolanda Castaño. No acto participarán Xulio Carballo, Fran Alonso e Yolanda Castaño.

O regreso dunha das voces máis impactantes e poderosas da narrativa actual. «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste», de Manuel Rivas. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas. O libro está editado por Xerais na colección Narrativa.