Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2018

Presentación, lectura e sinatura na Coruña de “Vivir sen permiso e outras historias de Oeste” de Manuel Rivas

O venres 30 de novembro de 2018 ás 20:00 horas, en Berbiriana, rúa Santiago, 7, A Coruña, terá lugar a presentación, lectura e sinatura de exemplares de Vivir sen permiso e outras historias de Oeste de Manuel Rivas.

A mistura da nosa tradición vedraña cos recursos máis actuais da narración: «Besta do seu sangue», de Emma Pedreira. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela Besta do seu sangue, de Emma Pedreira. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2018, e está publicado por Xerais na colección Narrativa. Emma Pedreira, «Besta do seu sangue» Narrar unha historia que goza de certa popularidade resulta arriscado; máis aínda cando xa foi tratada por outros autores dende distintas perspectivas.

Novidade: «Ulf de Jakosland. Os viquingos en Galicia», de Alberto Varela Ferreiro. A historia dos viquingos na Galicia da Alta Idade Media

Ulf de Jakosland. Os viquingos en Galicia, de Alberto Varela Ferreiro, é unha novidade da colección infantil e xuvenil Cómics de Xerais. Finais do século XI. Un vello conde danés, antigo xefe viquingo agora convertido ao cristianismo, arriba ás costas de Faro Brigantium, a primeira etapa da súa peregrinación ata Santiago de Compostela, na terra onde se fixo famoso como guerreiro.

Novidade: «Música no faiado», de Miguel Ángel Alonso Diz. Un libro de gran sensibilidade que ispe acontecementos do pasado recente dunha familia

Música no faiado, de Miguel Ángel Alonso Diz, é unha novidade da colección infantil e xuvenil Merlín de de Xerais. O libro está ilustrado por Laura Tova. Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos.

Moito mar, moita música, moita tralla e moita arroutada. «A gran travesía de Chiruca Macallás», de Xurxo Souto. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto. O libro está editado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 6´.

Presentación en Bueu de “A gran travesía de Chiruca Macallás” de Xurxo Souto

O xoves 29 de novembro de 2018 ás 20:30 horas, no Centro Social do Mar, rúa de Montero Ríos, 3 Bueu, terá lugar a presentación do libro A gran travesía de Chiruca Macallás de Xurxo Souto. No acto organizado polo Concello de Bueu e a librería Miranda, participarán Salvador Rodríguez e Xurxo Souto.

Presentación en Santiago de “A gran travesía de Chiruca Macallás” de Xurxo Souto

O mércores 28 de novembro de 2018 ás 20:00 horas, na libraría Pedreira, rúa do Home Santo, 22, Santiago, terá lugar a presentación do libro A gran travesía de Chiruca Macallás de Xurxo Souto.

Novidade: «O mar que nos leva», de Moncha Fuentes. Unha novela espléndida, ateigada de referencias literarias, políticas e conflitos persoais

O mar que nos leva, de Moncha Fuentes, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Cun comezo fascinante e unha enorme capacidade evocadora, O mar que nos leva é unha novela que nos arrastra, da man dunha muller chamada Mariña, pola memoria persoal, política e social das loitas obreiras do Vigo de 1972, dos movementos estudantís do ano 68 en Compostela e da emigración a Bos Aires dos anos 30.

Novidade: «É tempo de Entroido!», de Ramón D. Veiga e David Sierra. Unha boa paparota entre algúns dos personaxes máis senlleiros do entroido

É tempo de Entroido!, de Ramón D. Veiga, é unha novidade da colección Álbums Infantís de Xerais. O libro está ilustrado por David Sierra. É tempo de Entroido, de festa, de máscaras, de filloas e de cocido.

Unha proposta divertida e moi atractiva para quen fai preguntas sen cesar. «A ciencia do día a día», de Xerais. Anotación de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: A ciencia do día a día, de Xerais, con ilustracións de Bruno Martínez Tabarés.

Un libro terapéutico nos límites do ser posthumano: «Michigan / Acaso Michigan», de Antón Reixa. Anotación de Ramón Rozas no Diario de Pontevedra

O xornal Diario de Pontevedra publicou unha anotación do xornalista Ramón Rozas sobre o libro: Michigan / Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma, de Antón Reixa. O libro está publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «A chave das noces», de Xabier P. DoCampo. Un investigador a comisión que se verá metido nos turbios manexos dun grupo de industriais

A chave das noces, de Xabier P. DoCampo, é unha novidade da colección infantil e xuvenil Fóra de Xogo de Xerais. Mauro coñece a cidade por arriba e por abaixo. Traballa na axencia de detectives Nacho, que acepta todo tipo de casos que lle propoñen para investigar.