Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2018

Novidade: «Cociñando con Bolboretas no bandullo», de Diana Fernández e David Díaz. Unhas páxinas que agochan momentos para gozar e sabores por conquistar

Cociñando con Bolboretas no bandullo, de Diana Fernández e David Díaz, é unha novidade da colección Álbums Infantís de Xerais. O libro está ilustrado por Iván Rodríguez. En Cociñando con Bolboretas no bandullo cada receita garda una historia, pequenos relatos que vos engaiolarán, moito sabor e, sobre todo, moita, moita diversión.

Un mundo complexo cheo de criaturas fantásticas, países sorprendentes e momentos sensacionais. «A balada dos unicornios», de Ledicia Costas. Crítica de Eli Ríos en A Sega

A Sega, unha plataforma de crítica literaria que traballa por visibilizar o labor das mulleres na literatura, publicou unha recensión de Eli Ríos sobre o libro: A balada dos unicornios, de Ledicia Costas, ilustrado por Mónica Armiño. O libro gañou o Premio Lazarillo 2017, e está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Camaleón.

Antón Reixa: «O accidente supuxo unha confirmación na miña militancia poética e literaria». Entrevista de Elena Ocampo sobre o libro: «Michigan / Acaso Michigan»

A xornalista Elena Ocampo publicou nos xornais Faro de Vigo e La Opinión A Coruña  unha entrevista ao escritor, músico e cineasta Antón Reixa con motivo do seu libro: Michigan / Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma. O libro está publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «Tres pintores», de Cid Cabido. As peripecias de dous amigos que unha noite deciden emprender unha viaxe a París a bordo dun vello Renault 8

Tres pintores, de Cid Cabido, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. O libro gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta, 2018. Foi precisamente na rúa Joaquín Loriga, unha das máis empinadas de Vigo, onde o catro de abril de 1985 aquel meu vello Renault 8 decidiu suicidarse da maneira máis elegante que poidades imaxinar.

Presentación en Compostela de “O puño e a letra” de Yolanda Castaño

O mércores 28 de novembro de 2018 ás 19:30 horas, na Librería Cronopios, rúa Alfredo Brañas, 24, Santiago, terá lugar a presentación do libro O puño e a letra. Antoloxía do cómic poético  de Yolanda Castaño. No acto participarán Xulio Carballo, Yolanda Castaño e Fran Alonso.

Novidade: «O xiro», de Noelia Gómez. Poemas de lugar ensamblados pola presenza do corpo e a procura de paisaxes onde enmarcar a identidade

O xiro, de Noelia Gómez, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. O libro gañou o V Premio de Poesía Gonzalo López Abente. Este libro debúxase no aire cos arames que forman o tramado do coñecido, e vólvese estraño a causa do movemento. Coma unha escultura de Calder, Noelia Gómez bota man de cores primarias dándolles forma e fondo ata facelas xirar serpentinas.

Unha historia contada de maneira eficaz e económicamente expresiva: «Luns», de Eli Ríos. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha recensión sobre a novela Luns, de Eli Ríos. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «Arquitecturas debuxadas. Compostela», de Santiago Catalán. Un fermoso e didáctico percorrido pola historia, as rúas e as arquitecturas de Compostela

Arquitecturas debuxadas. Compostela, de Santiago Catalán, é unha novidade da colección Edicións Singulares de Xerais. Un fermoso e didáctico percorrido pola historia, as rúas e as arquitecturas máis notables de Compostela debuxadas polo arquitecto Santiago Catalán.

Presentación na Coruña de “A gran travesía de Chiruca Macallás” de Xurxo Souto

O sábado 24 de novembro de 2018 ás 12:00 horas n’ A Gaiteira, Sociedad Recreativa e Instructiva, rúa Gaiteira, 53, A Coruña, terá lugar a presentación do libro A gran travesía de Chiruca Macallás de Xurxo Souto. No acto participarán Teresa Ramiro, Xosé Iglesias e Xurxo Souto.

Antón Reixa: «Estrañábame que en Michigan se falase tanto en galego». Entrevista no xornal «El País» sobre o libro: «Michigan / Acaso Michigan»

O xornal El País publicou unha entrevista de Xosé Manuel Pereiro ao escritor, músico e cineasta Antón Reixa con motivo do seu libro: Michigan / Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma. O libro está publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Pontevedra de “Michigan/Acaso Michigan” de Antón Reixa

O venres 23 de novembro de 2018 ás 19:30 horas, na libraría Cronopios, Frei Juan de Navarrete, 5, Pontevedra, a xornalista de Onda Cero Susana Pedreira entrevistará a Antón Reixa, autor do libro Michigan/Acaso Michigan.

Bases da XXII edición do Premio de Poesía Johán Carballeira, que publica Xerais

  O Concello de Bueu convocou a XXII edición do Premio de Poesía Johán Carballeira, que publica Xerais. Admiten orixinais ata o 31 de xaneiro de 2019. Obxecto: Co ánimo de contribuír a fomentar a poesía escrita en lingua galega, o Concello de Bueu impulsa o XXII Premio de Poesía Johán Carballeira, que ten tamén por obxectivo o de homenaxear e dar a coñecer a figura do bueués Johán Carballeira. 1.