Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2018

Cen historias moi relevantes sobre o deseño e a comunicación visual no noso país: «Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza». Clube de lectura en Radiofusión sobre o libro de Pepe Barro

O libro: Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza, do que é autor o deseñador Pepe Barro, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que particparon Pitusa Arias, Noli Vilariño e Henrique Sanfiz , xunto con Pepe Barro. O libro está publicado por Xerais na colección Ensaio. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Antonio Tizón: «Elexín a Transición porque non foi un camiño de rosas como moitos pensan». Entrevista en «La Región» sobre: «Un home estraño»

O día 10 de outubro de 2018 presentouse no espazo cultural El Cercano de Ourense o libro: Un home estraño, do que é autor o escritor coruñés Antonio Tizón e que foi gañador do VI Premio de Novela Curta ”Cidade Centenaria de Riveira”. O evento foi recollido polo xornal La Región nun artigo asinado por Lucía Montáns. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. (Foto – La Región).

Yolanda Castaño: «A poesía debe estar contaminada de vida, de mundo». Anotación en «La Voz de Galicia» sobre a presentación do libro: «O puño e a letra»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha anotación sobre a presentación do libro: O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético, de Yolanda Castaño, na libraría Moito Conto da Coruña. O poemario está editado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha gran parábola sobre o caprichoso azar do destino: «Michigan / Acaso Michigan», de Antón Reixa. Crítica de Armando Requeixo

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre o libro: Michigan / Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma, de Antón Reixa. O libro está editado por Xerais na colección: Grandes Obras – Edicións Singulares. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha reflexión sobre a soidade á que se ven abocados os perdedores: «O meu nome é Ninguén», de Manuel Esteban. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela O meu nome é Ninguén, de Manuel Esteban. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. Manuel Esteban, «O meu nome é ninguén» Manuel Esteban xa nos sorprendeu fai dous anos coa súa primeira novela, A ira dos mansos, que chegou a nós avalada por todo un Premio Xerais. E iso é moito dicir para un autor novel.

Poemas que nos dan unha puñada de realidade na cara. «Aplicación instantánea», de Carlos Negro. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega acolleu a intervención de Montse Pena Presas para falar do libro: Aplicación instantánea, de Carlos Negro. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2018 e está editado por Xerais na colección infantil e xuvenil Fóra de Xogo. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Unha novela con visión ecoloxista e cunha crítica á desprotección das persoas migrantes: «Kusuma», de Héctor Cajaraville. Anotación no xornal El Progreso

O xornal El Progreso publicou unha anotación sobre o libro: Kusuma, de Héctor Cajaraville, ilustrado por María Lires. O libro gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil, 2018, e está editado por Xerais na colección infantil e xuvenil Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Lugo de “Lapis na noite” de Ramón Nicolás

O sábado 17 de novembro de 2018, ás 12:00 horas, na Librería Trama, Avda da Coruña, 21, Lugo, terá lugar a presentación do libro Lapis na noite de Ramón Nicolás.

Unha aventura sobre o amor, os sentimentos, a importancia de loitar pola liberdade e a amizade: «A balada dos unicornios», de Ledicia Costas. Crítica de David González no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: A balada dos unicornios, de Ledicia Costas, ilustrado por Mónica Armiño. O libro recibiu o Premio Lazarillo 2017, e está editado por Xerais na colección infantil e xuvenil Camaleón.

Unha historia de amor, amizade e silencios. «Sen piedade», de Pedro Feijóo. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela: Sen piedade, de Pedro Feijóo. O libro está editado por Xerais na colección Milmanda.

Un proceso reflexivo sobre como un instante da túa vida pode variar o rumbo desta. «Michigan / Acaso Michigan», de Antón Reixa. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Michigan / Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma, de Antón Reixa. O libro está editado por Xerais na colección: Grandes Obras – Edicións Singulares. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Un libro que conecta a poesía co sistema operativo das emocións: «Aplicación instantánea», de Carlos Negro. Anotación no xornal El Progreso

O xornal El Progreso publicou unha anotación sobre o libro: Aplicación instantánea, do que é autor Carlos Negro. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2018, e está editado por Xerais na colección infantil e xuvenil Fóra de Xogo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.