Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2018

Rosa Aneiros, gañadora do II Premio Agustín Fernández Paz: «Este libro quere ser unha obra na que se erixa a necesidade do diálogo interxeracional» Entrevista en «El Progreso»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de Cristina Arias á escritora e xornalista Rosa Aneiros, gañadora o II Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, pola obra: Tres bichiconas, dúas illas e unha serea. O certame está convocado polo Intituto de Estudos Chairegos (Iescha), o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia.

Unha novela negra de fonda reivindicación social: «O meu nome é ninguén», de Manuel Esteban. Crítica de Pilar Ponte no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Pilar Ponte sobre a novela: O meu nome é ninguén, de Manuel Esteban. O libro está editado por Xerais na colección Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un libro xeográfico sen xeografía definida: «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste», de Manuel Rivas. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou nos xornais Diario de Pontevedra e El Progreso unha recensión crítica sobre a novela Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas. O artigo pode lerse ou descargarse en PDF nesta ligazón.

A crónica dunha viaxe polo Gobi do real. «Michigan / Acaso Michigan», de Antón Reixa. Artigo de Santiago Jaureguizar

  Santiago Jaureguizar publicou no suplemento Táboa Redonda, dos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra, un artigo sobre o libro: Michigan/Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma, do que é autor Antón Reixa. A obra está editada por Xerais na colección Grandes Obras / Edicións Singulares. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Vivir sen permiso e outras historias de Oeste», «Vivir a galope» e «Besta do seu sangue», entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de novembro

Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas, é o primeiro libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de novembro. En segundo lugar sitúase outro texto de Xerais: Vivir a galope, de María Xosé Queizán. E no terceiro posto está outro libro de Xerais: Besta do seu sangue, de Emma Pedreira, compartindo esta terceira posición co libro: A través do fume, editado este último por Galaxia.

Emma Pedreira: «A figura de Romasanta pode ter un calibre histórico, mitolóxico e ficcional á altura do mesmo Jack o Destripador» Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico á escritora Emma Pedreira sobre a súa novela: Besta do seu sangue, coa que gañou o Premio Xerais de Novela, 2018. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa (Imaxe: X.M. Xespi – Praza Pública).

Carlos Negro: «Facer un poemario pensado para o seu tempo é unha maneira de iniciar á mocidade na poesía» Entrevista no Faro de Vigo sobre o libro: «Aplicación instantánea»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Ángel Graña ao escritor lalinense Carlos Negro polo seu libro: Aplicación instantánea, gañador do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2018. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Fóra de Xogo. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un libro no que Rosalía dá o pé: «Paseniño, paseniño», de Antonio García Teijeiro. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha recensión sobre o libro de poemas Paseniño, paseniño, de Antonio García Teijeiro, ilustrado por Marcos Viso. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Xurxo Souto: «Fronte ao mar somos o mesmo, a un barco dálle igual atracar na Coruña que en Vigo» Entrevista no xornal «El Ideal Gallego» sobre «A gran travesía de Chiruca Macallás»

O xornal El Ideal Gallego publicou unha entrevista de M.G.M. ao músico e escritor Xurxo Souto sobre o seu libro: A gran travesía de Chiruca Macallás (Imaxe: Quintana – El Ideal Gallego). XURXO SOUTO, MÚSICO E ESCRITOR: “Se nos recoñecésemos como dúas partes do mesmo elemento poderíamos conseguir que o corredor atlántico chegase a Galicia” Para Xurxo Souto presentar un libro é a cousa máis bonita do mundo.

Emma Pedreira: «O Premio Xerais é para min o premio máis importante de narrativa» Entrevista na Televisión de Galicia sobre a novela: «Besta do seu sangue»

A Televisión de Galicia emitiu unha entrevista coa escritora Emma Pedreira sobre a novela: Besta do seu sangue, gañadora do Premio Xerais de Novela, 2018. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Os Premios da Crítica recoñecen ao escritor galego, recentemente falecido, Xabier P. DoCampo, polo libro: «A nena do abrigo de astracán». Anotación nos medios

A Fundación dos Premios da Crítica de Galicia celebrou o día 3 de novembro de 2018 a súa reunión anual en Vigo para recoñecer aos principais protagonistas da vida cultural, política e social do país. Nesta ocasión, o premio na modalidade de Creación Literaria foi para o escritor galego, recentemente falecido, Xabier P.

Un libro que se le dunha sentada e que se deleita con cada palabra: «Kusuma», de Héctor Cajaraville Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Kusuma, de Héctor Cajaraville, ilustrado por María Sánchez Lires. O libro gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil, 2018, e está editado por Xerais na colección infantil e xuvenil Merlín.