Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2018

A inauguración dun camiño suxestivo e seductor: «O puño e a letra», de Yolanda Castaño. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre o poemario: O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético, de Yolanda Castaño.

Xurxo Souto: «Dende os ollos do mar, A Coruña e Vigo son a mesma cidade» Entrevista no xornal «La Opinión» sobre «A gran travesía de Chiruca Macallás»

O xornal La Opinión A Coruña publicou unha entrevista de Ana Carro ao músico e escritor Xurxo Souto sobre o seu libro: A gran travesía de Chiruca Macallás (Imaxe: Carlos Pardellas – La Opinión A Coruña).

Clausura da vídeo instalación baseada no libro “Michigan / Acaso Michigan” de Antón Reixa

O mércores 14 de novembro de 2018, ás 20:00 horas, na Fundación DIDAC, Rúa Pérez Costanti 12, baixo, Santiago de Compostela, terá lugar o acto de clausura da vídeo instalación baseada no libro Michigan / Acaso Michigan de Antón Reixa. No acto participarán Chus Pato (autora do prólogo), Daniel Salgado (autor do epílogo) e Antón Reixa.

Presentación en Monte Alto, A Coruña de “A gran travesía de Chiruca Macallás” de Xurxo Souto

O mércores 14 de novembro de 2018 ás 20,00 horas, na Biblioteca da AAVV de Monte Alto, Parque de Marte, s/nº, A Coruña, terá lugar a presentación do libro A gran travesía de Chiruca Macallás de Xurxo Souto.

Presentación en Vigo de “Paseniño, paseniño” de Antonio García Teijeiro

O mércores 14 de novembro de 2018 ás 20:00 h. na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro Paseniño, paseniño de Antonio García Teijeiro con ilustracións de Marcos Viso. No acto participarán Xavier Estévez, Marcos Viso, Antonio García Teijeiro e Manuel Bragado.

Novidade: «A ciencia do día a día». Un libro para satisfacer a curiosidade máis larpeira

A ciencia do día a día, de Larousse Editorial, con ilustracións de Bruno Martínez Tabares, é unha novidade da colección Básicos da Ciencia-Infantil de Xerais. Por que aparece a nosa imaxe nos espellos? Que é un coche eléctrico? Como funciona un GPS? Por que quenta o microondas? Estas son algunhas das preguntas ás que responde A ciencia do día a día, un libro para satisfacer a curiosidade máis larpeira.

Novidade: «Os piratas. Conto para ler ás escuras», de Ignasi Valios. Un conto de piratas barbudos que se apuntan a unha festa rachada

Os piratas. Conto para ler ás escuras, de Ignasi Valios i Buñuel, con traducción de Anaír Rodríguez Rodríguez, é unha novidade da colección Álbums de Xerais. Son piratas barbudos, piratas ousados e, se hai festa rachada, apúntanse á foliada: son piratas! As aventuras de piratas cativan desde o primeiro momento a nenos e nenas.

Lois Pérez: «A tristeza é un terreo abonado para sacar versos ou, alo menos, intentalo». Entrevista no «Diario Cultural» sobre: «Long Play»

O poema Blues do Rei Bermang = B.B.King, incluido no libro Long Play, de Lois Pérez , gañou o Premio aRi(t)mar Galiza e Portugal ao mellor poema publicado en Galicia. ARi(t)mar é unha iniciativa da Escola Oficial de Idiomas de Santiago para difundir a música e a poesía editada nos dous lados da raia e para achegar a cultura e a lingua dos dous países.

Un testemuño fundamental para reconstruir moita da historia e da cultura do noso país. «Vivir a galope», de María Xosé Queizán. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Vivir a galope, de María Xosé Queizán, editado por Xerais.

Xurxo Souto: «Interésame a emoción e a potencia da realidade que fica tapada» Entrevista no «Sermos Galiza» sobre «A gran travesía de Chiruca Macallás»

  O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de Daniel Salgado ao músico e escritor Xurxo Souto sobre o seu libro: A gran travesía de Chiruca Macallás (Imaxe: As Revenidas (Xabicas) – Sermos Galiza).

Presentación en Bouzas, Vigo de “A gran travesía de Chiruca Macallás” de Xurxo Souto

O venres 9 de novembro de 2018 ás 20 horas, no Liceo de Bouzas, Vigo, terá lugar a presentación do libro  A gran travesía de Chiruca Macallás de Xurxo Souto. No acto acompañarán ao autor, Xerardo Feijoo e Ana Miranda.

Presentación en Santiago de “Lapis na noite” de Ramón Nicolás

O xoves 8 de novembro de 2018 ás 20 horas, na libraría Pedreira, rúa do Home Santo, 55, Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro Lapis na noite de Ramón Nicolás. No acto participarán Chus Nogueira, Marilar Aleixandre e Ramón Nicolás.