Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2018

Presentación na Coruña de “Vivir sen persimo e outras historias de Oeste” de Manuel Rivas

O xoves 8 de novembro ás 19 horas, na Fnac, Praza de Lugo, s/nº, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Vivir sen permiso e outras historias de Oeste de Manuel Rivas. No acto participarán Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas.

Novidade: «Axenda 2019». Unhas páxinas polas que pasa toda a nosa historia

A Axenda 2019 (Axenda Dietario Cartoné, a día por páxina) é unha novidade de Xerais para o calendario de 2019. En palabras do crítico Manuel Rodríguez Alonso: ”Polas páxinas da Axenda Xerais pasa toda a nosa historia, desde os primeiros autobuses de liña, o primeiro tranvía, a chegada do tren e non sei cantas cousas máis.

Novidade: «Calendario Xerais 2019. Mulleres», de José Suárez

O Calendario 2019. Mulleres, de José Suárez, é unha novidade anual de Xerais. Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto que inclúe festivos e fases da lúa) con 12 fotografías do fotógrafo José Suárez. Atopamos na obra de José Suárez unha preocupación constante pola xente no medio das súas tarefas cotiás e, máis concretamente, a preocupación polo traballo das mulleres situadas no seu ambiente.

Carlos Negro: «É moi simbólico que, por primeira vez, un libro en verso gañe o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil» Entrevista en La Voz de Deza y Tabeirós sobre: «Aplicación Instantánea»

O xornal La Voz de Galicia publicou no seu suplemento La Voz de Deza y Tabeirós unha entrevista de Amelia Ferreiroa ao escritor e poeta lalinense Carlos Negro sobre o libro: Aplicación instantánea. A obra gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2018 e está publicada por Xerais na colección Fóra de Xogo A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha historia que emociona a grandes e a pequenos. «As peripecias de Extravaganzza Pérez», de Ledicia Costas. Anotación de Alba Piñeiro en «Versos e Aloumiños»

A escritora Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños, que dirixe Antonio García Teijeiro, unha anotación sobre o libro infantil e xuvenil As peripecias de Extravaganzza Pérez, escrito por Ledicia Costas e ilustrado por Óscar Villán. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Sopa de Libros.

A actualización dunha xoia poética. «Paseniño, paseniño», de Antonio García Teijeiro. Anotación en «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou una recensión asinada por Blanca-Ana Roig sobre: Paseniño, paseniño, de Antonio García Teijeiro, ilustrado por Marcos Viso. O libro está editado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Novidade: «Vivir a galope», de María Xosé Queizán. O testemuño literario dunha vida intensa e comprometida

Vivir a galope, da escritora viguesa María Xosé Queizán, é unha novidade da colección Crónica-Memorias de Xerais. Este é o testemuño literario dunha vida intensa e comprometida, a autobiografía que traza a traxectoria vital dunha das autoras máis relevantes e influentes da literatura galega e, ao tempo, o relato de toda unha época.

Un resorte para aceptar a identidade. «Fóra do normal», de María Reimóndez. Recensión en «El Correo Gallego»

A sección Elos de Lectura do xornal El Correo Gallego publicou una recensión asinada por Raquel Senra sobre: Fóra do normal, de María Reimóndez, ilustrado por Antonio Seijas. O libro recibiu o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017, e está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Fóra de Xogo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

«E mentres tanto, ti en Michigan». Anotación nos medios sobre a presentación de: «Michigan/Acaso Michigan», de Antón Reixa

O sábado, 27 de outubro de 2018, celebrouse na Fundación DIDAC de Santiago de Compostela a inauguración da exposición e a presentación do libro Michigan/Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma de Antón Reixa. O acto contou coas intervencións de Xosé Luís Canido, Antón Reixa e Fran Alonso.

Xurxo Souto: «Chiruca é unha muller creativa, que reivindica a tradición e que quere crear un novo discurso de futuro». Entrevista no «Diario Cultural» sobre: «A gran travesía de Chiruca Macallás»

O programa Diario Cultural  da Radio Galega emitiu unha entrevista ao escritor Xurxo Souto sobre o seu libro: A gran travesía de Chiruca Macallás, editado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

A importancia da lectura, da cultura e do pasado. «A biblioteca de Pedrarcana», de Carlos Taboada. Anotación en «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou una recensión asinada por Giulia Vezzaro sobre: A biblioteca de Pedrarcana, de Carlos Taboada. O libro está editado por Xerais na colección infantil e xuvenil Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

A escritora e xornalista Rosa Aneiros gaña o II Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade. Anotación nos medios

A escritora e xornalista Rosa Aneiros gañou o II Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, pola obra: Tres bichiconas, dúas illas e unha serea. O certame está convocado polo Intituto de Estudos Chairegos (Iescha), o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia.