Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2018

Dous bolboreteiros de Viveiro que defenden, dende a cociña, o compromiso coa lingua e a cultura do país. «Cociñando con Bolboretas no bandullo». Entrevista no suplemento «Fugas»

O suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, publicou unha entrevista de Ana Abelenda con Diana Fernández e David Díaz, autores do libro: Cociñando con Bolboretas no bandullo. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns: Cociñando conBolboretas no bandullo Fugas / Cociñando con Bolboretas no bandullo Fugas.

«Tres pintores», de Cid Cabido, é o libro máis recomendado na Tabela dos Libros de decembro

Tres pintores, de Cid Cabido, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de decembro. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.

Presentación en Vigo de “Vivir a galope” de María Xosé Queizán

O venres 14 de decembro de 2018, ás 20:00 horas, na librería Librouro, Eduardo Iglesias, 12, Vigo, terá lugar a presentación do libro Vivir a galope de María Xosé Queizán. No acto acompañarán á autora, Marga Romero e Fran Alonso.

Presentación en Pontevedra de “Un home estraño” de Antonio Tizón

O mércores 12 de decembro, ás 20:00 h., na libraría Paz, rúa Peregrina, 29, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Un home estraño de Antonio Tizón. O acto, que contará coa participación de Manuel Bragado e Antonio Tizón, será aderezado coa actuación musical de Sheila Patricia.

Un imprescindible en galego que sorprende polo seu enxeño: «A ciencia do día a día», de Xerais. Crítica en Brabádegos

O portal de literatura infantil e xuvenil Brabádegos publicou un artigo sobre o libro: A ciencia do día a día, publicado por Xerais na colección: Obras de referencia – Básicos da ciencia. Se a curiosidade é algo que campa de modo xeral pola casa este, sen dúbida, é o manual que precisas Hoxe imos falar de normalización do idioma, de ciencia en galego, de dereitos e de acertos editoriais, ademais de recomendar un libro.

A historia duns camaradas que soben nas Travesas a un Renault desahuciado para ir medir a luz de París. «Tres pintores», de Cid Cabido. Artigo de Santiago Jaureguizar

Santiago Jaureguizar publicou no suplemento Táboa Redonda, dos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra, un artigo sobre o libro: Tres pintores, de Cid Cabido. O libro gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta, 2018, e está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un libro que pon a conversar a poesía co cómic: «O puño e a letra», de Yolanda Castaño. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético, de Yolanda Castaño. O libro está publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. O puño e a letra, de Yolanda Castaño Xenial iniciativa esta de Yolanda Castaño en Xerais: O puño e a letra conta coa colaboración de Norberto Fernández, Alberto Taracido, Cristian F.

Presentación na Coruña de “Mamá, quero ser Ziggy Stardust” de Iria Misa

O martes 11 de decembro de 2018, ás 19:00 horas, en Berbiriana, rúa Santiago, 7, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Mamá, quero ser Ziggy Stardust de Iria Misa. No acto participarán Cristina Palacios, presidenta da Asociación Arelas, e Iria Misa.

Emma Pedreira: «Non empatizo con asasinos e menos coa frialdade de mentes como a de Romasanta» Entrevista no «Faro da Cultura» sobre o libro: «Besta do seu sangue»

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela á escritora Emma Pedreira sobre a novela Besta do seu sangue . O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2018 e está editado por Xerais na colección Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Noelia Gómez: «A persoa que lea este poemario non vai deixar de xirar en cada texto». Entrevista no «Diario Cultural» sobre o poemario: «O xiro».

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista coa escritora Noelia Gómez sobre o poemario: O xiro. O libro gañou o V Premio de Poesía Gonzalo López Abente e está publicado por Xerais na colección Poesía. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Un amable relato costumista da incipiente burguesía da vila da Guarda a principios do século XIX. «Claro de lúa», de Puri Ameixide.

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Dolores Martínez Torres sobre a novela Claro de lúa, de Puri Ameixide. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Bueu de “Contra todo isto” e “Vivir sen permiso” de Manuel Rivas

O venres 7 de decembro de 2018 ás 20:00 horas, no Centro Social do Mar, rúa de Montero Ríos, 3, Bueu, terá lugra a presentación do libros Contra todo isto. Un manifesto rebelde e Vivir sen permiso e outras historias de Oeste de Manuel Rivas.